Convócase o proceso selectivo para o nomeamento interino dun garda da policía local.
As bases para rexe-la contratación foron aprobadas por resolución da alcaldía do 22-7-1999, e publicáronse integramente no BOP da Coruña nº 186, do 14-8-1999.
Os interesados en tomar parte neste proceso selectivo presentarán as súas solicitudes no rexistro xeral do concello, durante o prazo de 20 días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Ribeira, 17 de agosto de 1999.
José Luis Torres Colomer
Alcalde