Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 02 de setembro de 1999 Páx. 10.881

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolucións en expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos. (Expediente 627/1998 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 2091/0707/01/3110000025 da Caixa Galicia, urbana nº 40 da Coruña, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Fernando Macías 18-1º, A Coruña.

Transcorrido o citado prazo, cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 2 de agosto de 1999.

P.S. (Decreto 227/1998, do 10 de xullo)

María Silva Costoya

Secretaria provincial

ANEXO

Número

expediente

DenunciadoDNI/CIFEnderezoEstablecementoPrecepto

infrinxido

Precepto

sancionador

Sanción

627/98Pedro Paredes Díaz33.802.481Obre-PaderneLa Chica de Rojo23 e)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

50.001 ptas.

663/98Artisane, S.C.

Rpte. José M. Arcos Caamaño)

G-15.530.223r/ Gómez Ulla, nº 18-soto

Santiago de Compostela

Discoteca La Factoría23 o)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

75.000 ptas.

672/98Artisane, S.C. Rpte. José M. Arcos Caamaño)G-15.530.223r/ Gómez Ulla, nº 18-soto

Santiago de Compostela

Discoteca La Factoría23 o)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

125.000 ptas.

745/98Antonio Otero Pacheco33.198.159r/ Lermo, nº 22

Santiago de Compostela

Café Bar Merliño23 o)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

Sobreser

30/99Manuel Castro Añón32.363.152r/ Juncal, nº 10-4º dereita

Sta. Cristina-Oleiros

Andrómeda23 o)

LO 1/1992

28

LO 1/1992

55.000 ptas.