Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 02 de setembro de 1999 Páx. 10.880

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 1999 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e polo trámite de urxencia, mediante concurso, da contratación dun estudio de investigación sobre políticas de promoción turística, de hoteis-monumentos así como un estudio de mercado do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación, polo procedemento aberto e polo trámite de urxencia, mediante concurso, dun estudio de investigación sobre políticas de promoción turística de hoteis-monumentos así como un estudio de mercado do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

-Orzamento de licitación: 2.100.000 ptas. (dous millóns cen mil pesetas) no que se inclúen tódolos impostos e taxas legalmente esixibles.

-Prazo de execución: tres meses desde a sinatura do contrato.

-Garantía provisional: non é esixible.

-Clasificación: non se require.

-Exposición dos pregos: os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexen na contratación atópanse ó dispor dos interesados no Servicio de Fomento e Promoción da Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo así como nas súas delegacións provinciais.

-Prazo de presentación de proposicións: ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

-Lugar e presentación de proposicións: no rexistro auxiliar da Dirección Xeral de Turismo da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo consonte o determinado na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexen a contratación. Así mesmo, será posible a presentación de ofer

tas ó abeiro co determinado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

-Documentación que deberán presenta-los licitadores: a determinada na cláusula 3.2.4 do prego de cláusulas administrativas que rexen a contratación.

-Lugar e data de apertura de proposicións: na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola mesa de contratación e ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de solicitudes. De coincidir en sábado ou festivo a referida data, o acto de apertura terá lugar o inmediato día hábil seguinte no mesmo lugar e hora.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 1999.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo