Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 02 de setembro de 1999 Páx. 10.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da ampliación módulo de 220 kV, liña de Vimianzo na subestación Mesón do Vento, provincia da Coruña. (Expediente 27000, ampliación 99).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo para

efectos de notificación na Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O día 17 de xullo de 1998, a empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. solicita a autorización administrativa da ampliación módulo de 220 kV, liña de Vimianzo en subestación Mesón do Vento e a aprobación do seu proxecto de execución.

Xúntanse á dita solicitude o preceptivo proxecto a que fan referencia os artigos 8 e 10 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente segundo o disposto na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 28 de novembre, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

-Módulo de 220 kV para liña Vimianzo en subestación Mesón do Vento equipado con un interruptor automático tripolar en SF6, tres seccionadores, pantógrafo para barras, seccionador tripolar para barras, seccionador tripolar con coitelas de posta á terra.

-Transformadores de intensidade e tensión, sistemas de protección, telecontrol, sinalización e medida.

Segundo.-O citado anteproxecto someteuse a información pública, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 10-2-1999, publicándose no DOG do 24-3-1999 e no BOP da Coruña do 11-3-1999.

Durante o período legalmente establecido non se recibiron alegacións.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 2619/1966, do 20 de outubro e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Autoriza-la ampliación módulo de 220 kV, liña Vimianzo en subestación Mesón do Vento.

Aproba-lo proxecto de execución do citado módulo.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria