Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 02 de setembro de 1999 Páx. 10.879

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 47/1998).

Declarados de urxente ocupación os bens e dereitos afectados pola instalación da liña eléctrica aérea a 20 kV, e C.T. no lugar de Galiña-Iñeira, do termo municipal de Ribeira (expediente 47/1998) por resolución desta delegación provincial de Industria con data do 14 de maio de 1999, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 8 de setembro de 1999 para o levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Ribeira, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia con data do 26-6-1998 e no BOP con data do 14-5-1998, e no xornal La Voz de Galicia con data do 8-5-1998, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación indi

vidual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 4 de agosto de 1999.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións