Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 02 de setembro de 1999 Páx. 10.878

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 201/1998).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28-11-1997), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24-10-1966), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten, e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

As liñas eléctricas aéreas a 15/20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56; de 619 m de lonxitude con orixe na liña de Betanzos e final no centro de transformación Viladesuso I que se vai instalar e de 168 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o centro de transformación Viladesuso I e final no centro de transformación Viladesuso II que se vai instalar. Centros de transformación, tipo intemperie de 100 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, para Viladesuso I e Viladesuso II. Redes de baixa

tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de lonxitudes de 425 m e 205 m desde os CC.TT. Viladesuso I e Viladesuso II respectivamente. Coa finalidade de mellora-la seguridade e calidade da subministración das zonas de Casal e Viladesuso. Nos termos municipais de Betanzos e Bergondo. (Expediente 201/1999).

O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resultaren os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 30 de xullo de 1999.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 201/1999Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T., R.B.T. Viladesuso ITermo municipal: Bergondo

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

5O PazoLabradíoCésar Calviño CasalLugar do Casal, 16, 15165 Cortiñánœ 2166584
6O PazoDescoñecido6,361
7O PazoLabradíoJosé Juan Barcelo GómezA Fraga, 19, 15165 Cortiñán73663
8ChousiñaLabradíoJosé Núñez MuíñoCarrio, 67, 15165 Bergondo3-œ 431061464
9ChousiñaLabradíoMaría Cardelle SeijoSalloso, 12, 15165 BergondoL.A.T.248
10CortiñaLabradíoJorge Etcheverria LópezPza. Mª Pita, 13, 15001

A Coruña

œ 411741761
11CortiñaLabradíoMaría Germade VeigaCasal, 9 A, 15165 CortiñánL.A.T.408
12CortiñaLabradíoMaría Cardelle SeijoSalloso, 12, 15165 BergondoC.T.62119

Expediente: 201/1999Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T., R.B.T. Viladesuso ITermo municipal: Betanzos

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1O BimbieiroLabradíoOlga Prieto CalviñoRibados, 4-2º I, 15670 O Burgo1261554
2O BimbieiroLabradíoEmilio Longueira RoelTravesía Buenavista, 13-4º D, 15006 A Coruña30286
3O BimbieiroLabradíoDescoñecido22208

Expediente: 201/1999Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T., R.B.T. Viladesuso ITermo municipal: Betanzos-Bergondo

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

4O BimbieiroLabradíoJosé Sánchez Paz e outrosGutemberg, 12, 15008 A Coruñaœ 2173663

Expediente: 201/1999Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T., R.B.T. Viladesuso IITermo municipal: Bergondo

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1-V2ChousiñaLabradíoJesús Martínez CarroCarrio-Bar Mundial, 67,

15165 Bergondo

L.A.T.265

Expediente: 201/1999Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T., R.B.T. Viladesuso IITermo municipal: Betanzos

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

3-V2O PazoLabradíoMaría Germade VeigaCasal, 9 A, 15165 CortiñánL.A.T.188