Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 02 de setembro de 1999 Páx. 10.877

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 7/1999).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, no artigo 12 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Made Energías Renovables, S.A.

Domicilio social: rúa do Castiñeiriño, 12-3º, 15702 Santiago de Compostela.

Denominación: parque eólico de Pena da Loba.

Municipio afectado: As Pontes de García Rodríguez e Mañón.

Superficie afectada: 726,53 ha.

Coordenadas:

V (595.600 W, 4.823.600 N).

V (596.500 W, 4.824.000 N).

V (597.400 W, 4.823.400 N).

V (597.000 W, 4.823.000 N).

V (599.000 W, 4.822.500 N).

V (599.000 W, 4.822.300 N).

V (596.900 W, 4.822.300 N).

V (597.000 W, 4.821.300 N).

V (597.300 W, 4.821.600 N).

V (597.600 W, 4.821.500 N).

V (597.400 W, 4.820.300 N).

V (596.800 W, 4.820.250 N).

V (596.010 W, 4.819.158 N).

V (595.410 W, 4.819.254 N).

V (596.200 W, 4.821.000 N).

V (595.000 W, 4.821.600 N).

V (595.400 W, 4.822.500 N).

V (595.600 W, 4.822.500 N).

V (596.000 W, 4.823.000 N).

V (595.600 W, 4.823.400 N).

Potencia que se vai instalar: 24,42 MW.

Durante o prazo de vinte días poderán presentarse solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos s/n, 15071 A Coruña.

A Coruña, 29 de xullo de 1999.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións