Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 02 de setembro de 1999 Páx. 10.881

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 1999 de notificación da resolución do recurso ordinario do expediente sancionador 233-I/97 (incendios).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas

e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e o seu Regulamento do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria o nº de conta 2091-0388-90-3110001181

Caixa Galicia (O.P.), no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día da presente publicación. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses de acordo co disposto nos artigos 109º e 115.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, ou exercer calquera outro que estime pertinente.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

ANEXO

Expediente: nº 223-I/97.

Denunciado: Eugenio Orizales Castro.

Último domicilio coñecido: Príncipe de Viana, 6, 31500 Tudela, Navarra.

Feitos imputados: queima en época de máximo perigo.

Precepto sancionador: artigo 138 a) do Regulamento de incendios.

Cualificación: moi grave.

Sanción: 15.000 ptas.