Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 01 de setembro de 1999 Páx. 10.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE IRIXOA

ANUNCIO.

Por medio de acordo plenario do 21 de xullo de 1999 aprobouse definitivamente, conforme ó informe

vinculante do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, a modificación das normas subsidiarias de planeamento de Irixoa (BOP 3-6-1994).

Nº:1. Carácter contido: clasificación ampliación núcleo de Follente (Mántaras).

Nº:2. Carácter contido: clasificación ampliación Pazo de Irixoa (Irixoa).

Nº:3. Carácter contido: clasificación cambio clasificación predio Mpal. A Graña.

Nº:5. Carácter contido: Normat. Modific. Art. 33 (altura máxima de peches).

Nº:6. Carácter contido: Normat. Modific. Art. 51 retirada peches a vías).

Contra este acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de reposición potestativo no prazo dun mes; tamén se poderá interpor, de forma non simultánea co anterior, o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día da recepción da presente notificación (ou, se é o caso, da notificación da resolución do recurso de reposición potestativo, que poría fin á vía administrativa), na forma prevista no Art. 45 e seguintes da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa sen prexuízo de que se poida exercitar, de se-lo caso, calquera outro recurso que estime procedente.

Irixoa, 29 de xullo de 1999.

Juan Pérez Díaz

Alcalde