Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 01 de setembro de 1999 Páx. 10.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEAÑO

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión do 26 de xullo de 1999, o prego de cláusulas administrativas particulares e bases técnicas que rexerá o concurso tramitado para adxudicar, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria, o proxecto e a execución da obra acondicionamento Adro de Xil, convócase licitación pública para a adxudicación:

Obxecto do contrato: a adxudicación da redacción-presentación do proxecto e execución da obra: acondicionamento Adro de Xil, conforme o presente prego de cláusulas administrativas e bases técnicas,ó abeiro do artigo 125 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas. Prazo de execución: tres meses desde a data de formalización do contrato. Tipo de licitación: 5.000.000 de ptas. Honorarios de redacción de proxecto e IVE incluídos. Garantías: provisoria: 100.000 ptas. Definitiva.

200.000 ptas. Entidade adxudicataria: Concello de Meaño. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso. Obtención de documentación e información: Concello de Meaño, As Covas nº 20-Meaño, CP 36968 Teléfono: 986 74 71 02. Presentación de proposicións: Lugar e prazo: presentaranse no rexistro xeral do Concello de Meaño en horario de 9 a 13.30 horas no prazo de 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio de licitación (DOG ou BOP). Documentación: a esixida na base 9ª e segundo as formalidades da mesma. Apertura de proposicións: ás 13 horas do martes, xoves ou venres inmediatamente seguintes ó da data de remate de presentación de proposicións. Gastos de publicación: serán a cargo do adxudicatario.

Meaño, 29 de xullo de 1999.

Jorge Domínguez Rosal

Alcalde