Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 01 de setembro de 1999 Páx. 10.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dunha proposta de resolución dun expediente sancionador en materia de xogo. (Expediente C-8/99).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución dictada no expediente sancionador por infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de 8 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que estime pertinentes ante o instructor do procedemento, de conformidade

co establecido no artigo 7 da Lei 34/1987, da potestade sancionadora da Administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar.

A Coruña, 26 de xullo de 1999.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número expediente: C-8/99.

Denunciado: Jesús Ángel Espiñeira Roca.

DNI/CIF: 33.844.506.

Enderezo: Profesor Tierno Galván, nº 1-6º Dta.,

Culleredo.

Establecemento: Pub Laberinto.

Precepto infrinxido: 28 a), g) Lei 14/1985.

Precepto sancionador: 31 a 32 Lei 14/1985.

Sanción: 1.000.001 ptas.