1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: adquisición de dous lotes de maquinaria agrícola para os centros de capacitación agraria de Lourizán, Becerreá, Guísamo, Ribadeo e Sergude.
b) División por lotes e número: dous.
c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total:
Lote I: 10.450.000 ptas. (62.805,76 euros).
Lote II: 6.558.858 ptas. (39.419,53 euros).
5. Garantías.
Provisional:
Lote I: 209.000 ptas. (1.256,12 euros).
Lote II: 131.177 ptas. (788,39 euros).
Definitiva:
Lote I: 418.000 ptas. (2.512,23 euros).
Lote II: 262.354 ptas. (1.576,78 euros).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, Servicio de Extensión e Capacitación Agraria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.
d) Teléfono: 981 54 66 60.
e) Telefax: 981 54 66 51.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborais, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.
Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet na dirección: http://www.xunta.es/conselle/ag/index.htm.
7. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: non é necesaria.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 10 de setembro de 1999.
b) Documentación que se que presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.
b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela 15771.
d) Data: 22 de setembro de 1999.
e) Hora: 13 horas.
10. Gastos de anuncios.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 1999.
P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243,
do 17 de decembro)
Ángel Bernardo Tahoces
Secretario xeral da Consellería de Agricultura,
Gandería e Política Agroalimentaria