A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Pontevedra en Vigo, en virtude das competencias delegadas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88) e para cumprimento do previsto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Dirección Provincial do Sergas de Pontevedra en Vigo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Investimentos.
c) Número de expediente: CP 1/1999.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: subministración sucesiva.
b) Descrición do obxecto: a adxudicación e determinación do prezo unitario de órtese de columna e ortoprótese de membros e a súa entrega directa ós pacientes enviados polos facultativos especialistas.
c) Lote 1: órtese de columna.
d) Lote 2: ortoprótese de membros.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 39 do 25-2-1999; BOE nº 51 do 1-3-1999, Diario Oficial de las Comunidades Europeas do 23-2-1999.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total anual máximo: 51.000.000 de ptas. (lote 1: 16.000.000 de ptas.; lote 2: 35.000.000 de ptas.).
5. Adxudicación:
5.1. Lote 1 (órtese de columna):
a) Data: 6-7-1999.
b) Contratista: E.O. Prim.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe máximo da adxudicación: 16.000.000 de ptas.
5.2. Lote 2 (ortoprótese de membros):
a) Data: 6-7-1999.
b) Contratista: Ortovigo, S.L.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe máximo da adxudicación: 35.000.000 de ptas.
Vigo, 6 de xullo de 1999.
Lucía Molares Pérez
Directora provincial de Pontevedra