Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 31 de agosto de 1999 Páx. 10.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CORCUBIÓN

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día vintenove de abril do ano en que estamos e co voto favorable unánime de tódolos asistentes, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento municipal afectas ó campo de fútbol municipal, o que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Corcubión, 17 de agosto de 1999.

Rafael Xosé Mouzo Lago

Alcalde-presidente