Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 31 de agosto de 1999 Páx. 10.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AGOLADA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello, na súa sesión extraordinaria que tivo lugar o día 27 de xullo deste ano, o III proxecto de modificación das normas subsidiarias de planeamento urbanístico de Agolada, por este anuncio, e ó abeiro do sinalado no artigo 42 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, sométese a información pública, polo prazo dun mes, para que poida ser examinado polos interesados e, se é o caso, presenta-las reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Agolada, 28 de xullo de 1999.

O alcalde

Rubricado