Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 31 de agosto de 1999 Páx. 10.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

ANUNCIO.

Que o Concello Pleno con data do 7 de xuño de 1999, aprobou definitivamente o proxecto de urba

nización das rúas Cangas e Bouzas (tramo sur), redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, Vicente Berrocal Bertol, e promovido por Javier Orosa García.

Contra este acordo poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o órgano que dictou o acto, no prazo dun mes, conforme o establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou recurso contencioso-administrativo, previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó desta publicación.

Contra a resolución do recurso de reposición, que se efectuará no prazo dun mes, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso, nos dous meses seguintes á data da notificación, se a resolución fose expresa, e de seis meses desde a interposición do recurso se esta fose presunta.

Poderá utilizar, non obstante, calquera outro recurso que considere pertinente.

Narón, 22 de xullo de 1999.

Xoán Gato Díaz

Alcalde