Visto o texto do convenio colectivo de ámbito autonómico da Fundación para a Formación e o Emprego Forem Galicia, (código de convenio 8200432) que se suscribiu coa data do 22 de xuño de 1999, entre a representación da empresa e dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta dirección xeral
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.
Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 9 de xullo de 1999.
José María Fernández Olea
Director xeral de Relacións Laborais
Capítulo I
Disposicións xerais
Artigo 1º.-Ámbito territorial e funcional.
Os acordos contidos no presente convenio colectivo terán forza normativa e serán aplicables a tódolos centros de traballo establecidos ou que estableza a Fundación Formación e Emprego ou no seu nome para a desenvolvemento das funcións profesionais de programación, avaliación, formación, xestión, administración e servicios xerais.
Queda excluído o persoal voluntario integrado en Forem para a realización de actividades profesionais, o cal se rexerá polas súas condicións de incorporación, que serán obxecto de regulación xeral no acordo específico da Comisión de Interpretación Vixilancia e Estudio (CIVE) presente no convenio. Só poderán ser retribuídos polos gastos ocasionados no desenvolvemento da actividade.
O seu contido poderá mellorarse segundo as especificacións, e permanecerá o presente convenio como dereito de obrigado cumprimento.
Artigo 2º.-Ámbito persoal.
Este convenio será aplicable para tódolos traballadores e traballadoras vinculados á fundación por un contrato de traballo.
Queda excluído do disposto no parágrafo anterior o persoal directivo (dirección ou subdireccións) que, pola relación de confianza e provistos de poderes, asuma a responsabilidade executiva da fundación, dirixa e coordine o traballo ó seu cargo no ámbito de Galicia.
Artigo 3º.-Normativa aplicable e supletoria.
Tódalas materias que son obxecto de regulación no presente convenio substitúen as disposicións pactadas con anterioridade. No non previsto, aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores e demais normas legais e regulamentadas que conformen a lexilación vixente, sen que en ningún caso ningún traballador ou traballadora poida verse prexudicado.
Non obstante, todos aqueles conceptos retributivos que se viñeran percibindo e que non aparezan recollidos no presente convenio respectaranse como complemento persoal transitorio que será absorbido polos incrementos retributivos derivados de futuras revisións salariais.
Artigo 4º.-Vixencia e duración.
O presente convenio colectivo estende a súa vixencia desde o día 1 de xaneiro de 1999 ata o 31 de decembro do 2000, e prorrogarase nos termos do artigo seguinte.
Artigo 5º.-Prórroga, denuncia e revisión.
O presente convenio prorrogarase no momento do seu vencemento en tódolos seus termos por períodos anuais, no caso de non mediar denuncia no prazo.
Calquera das partes poderá denuncia-lo convenio cun mínimo de 30 días naturais de antelación ó seu remate; nesta denuncia fixarase a data de inicio de renegociación do novo convenio.
Artigo 6º.-Vinculación á totalidade.
As condicións pactadas constitúen un todo orgánico indivisible e, para os efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente.
Artigo 7º.-Comisión de Interpretación, Vixilancia e Estudio do Convenio (CIVE).
Constitúese unha comisión paritaria composta por representantes da dirección da fundación e por representantes dos traballadores e traballadoras da fundación designados pola representación legal de cada unha das partes asinantes, para resolve-las cuestións que deriven da interpretación ou aplicación deste convenio.
Xuntarase a pedimento de calquera das partes mediante convocatoria expresa comunicada cun mínimo de dez días de antelación, salvo razón de urxencia acordada por ámbalas dúas partes e con indicación dos asuntos que se van tratar.
Os acordos que adopte a comisión terán forza vinculante para ámbalas dúas partes.
Artigo 8º.-Comisión de participación.
Polo presente convenio, crearase unha comisión de participación composta por un representante dos traballadores e traballadoras de cada centro de traballo.
Naqueles centros onde non exista representación sindical electa procederase ó nomeamento polos traballadores e traballadoras do centro dunha persoa como representante, esta persoa terá os mesmos dereitos, para os efectos de Forem Galicia, cá representación electa.
Co fin de fomenta-la participación na organización no traballo garantirase a emisión dun informe da representación do persoal, con carácter previo á execución por parte de Forem Galicia nas cuestións seguintes:
-Participación na organización do traballo. Modificación da xornada, mobilidade funcional e modificacións de postos de traballo, reclasificación profesional, implantación de quendas, xornadas especiais, elaboración do calendario de vacacións.
-Definición e determinación do cadro de persoal.
-Formas de contratación: participación na elaboración dos criterios de selección e contratación de persoal nos termos previstos no convenio.
-Promoción dos traballadores e traballadoras.
-Plans internos de formación e reciclaxe, con especial atención ás necesidades formativas do persoal formador en relación cos novos requirimentos derivados das certificacións de profesionalidade.
-Elaboración de sistemas de avaliación das actividades formativas da fundación.
-Definición de postos de traballo reservados a persoas con minusvalidez.
No suposto de que a comisión de participación non teña emitido no tempo e na forma o correspondente informe sobre as cuestións sinaladas previamente, interpretarase como conformidade coas propostas da dirección.
Capítulo II
Clasificación profesional
Artigo 9º.-Clasificación profesional.
Todo o persoal laboral da fundación estará definido, segundo as súas funcións, en grupos, categorías básicas e áreas funcionais.
Os grupos e categorías básicas serán as seguintes:
Grupo I: persoal técnico superior; persoal técnico.
Grupo II: xefe ou xefa administrativo; oficial primeira; persoal administrativo.
Grupo III: persoal operario.
Grupo IV: persoal formador.
A categoría profesional corresponderase cun ou varios postos de traballo que se definirán funcional e economicamente, respectándose sempre os mínimos establecidos por categorías de acordo co establecido no artigo 23º do presente convenio.
Capítulo III
Contratación
Artigo 10º.-Tipos de contratación.
Entenderase por cadro de traballadores e traballadoras da fundación o conxunto de postos de traballo necesario para o desenvolvemento das funcións de xestión técnica e administrativa dos proxectos básicos (FIP, progarmación intersectorial, área pública e todas aquelas programacións e proxectos que tiveran unha estabilidade igual ou superior a tres anos).
Establécese como estructura fixa de persoal a seguinte:
-Coordinacións de área de: Lugo, Ourense, A Coruña Sur, A Coruña Norte e Vigo.
-Persoal administrativo:
* Un posto de traballo en: Ferrol, Oleiros, Lugo, Ourense, Vigo, O Barco de Valdeorras e Cervo (este último a media xornada).
* Tres postos de traballo nos servicios centrais.
-Persoal técnico:
* Un posto de traballo nos servicios centrais.
* Un posto de traballo en Cervo (a media xornada).
Cando se asinen contratos de duración determinada baixo a supervisión da representación dos traballadores e traballadoras, realizaranse atendendo os seguintes criterios:
a) Cando se trate de susbstituí-los traballadores e traballadoras con dereito a reserva do posto de traballo, sempre que no novo contrato se especifique o nome da persoa substituída e a causa da substitución.
b) As baixas e/ou postos de nova creación serán cubertos atendendo os criterios expostos nos artigos 14º e 15º do presente convenio colectivo.
c) Durante a vixencia deste convenio, a utilización das formas de contratación previstas no artigo 11 do Estatuto dos traballadores, modificado pola Lei 63/1997 e o Real decreto 488/1998 (contratos en prácticas e para a formación), realizaranse como instrumento efectivo de formación para a inserción no mercado de traballo, tralo acordo previo coa representación sindical. As condicións salariais e sociais dos ditos traballadores e traballadoras adaptaranse ó establecido para iguais categorías e postos no presente convenio. Para os contratos para a formación establécese como idade tope os 20 anos.
Non obstante, para alumnos e alumnas de escolas obradoiros e similares, a modalidade contractual que se utilizará será a que establece para estes efectos a normativa vixente.
Artigo 11º.-Forma de contratación e períodos de proba.
A contratación de traballadores e traballadoras axustarase ás normas legais xerais sobre a contratación e ás específicas que figuren no presente convenio. A fundación comprométese á utilización dos distintos modelos de contratación previstos na lei, de acordo coa finalidade e natureza de cada un dos contratos. A contratación de persoal farase sempre por escrito. En ningún caso terá preferencia a contratación mercantil fronte á laboral.
Tendo en conta que existen traballos ou actividades que pola súa propia natureza non teñen carácter permanente ou indefinido, pódense utiliza-los tipos ou modalidades contractuais que a lexilación considere para os ditos casos como:
1. Contrato de obra ou servicio, cando se trate de realizar unha obra ou servicio determinado -con autonomía ou substantividade propia- dentro da actividade ou actividades que desenvolva a fundación e cando a execución sexa limitada no tempo e a duración incerta.
2. Contrato de interinidade ou substitución, naqueles supostos en que sexa necesario substituír traballadores ou traballadoras da fundación con dereito á reserva do posto de traballo.
3. Excepcionalmente e tralo acordo previo co comité de empresa ou coa representación legal dos traballadores e traballadoras, poderán realizarse contratos eventuais por circunstancias da producción naquelas situacións específicas en que se produza unha forte acumulación de tarefas ou actividades. Se o comité ou a representación legal dos traballadores e traballadoras non emitise informe no tempo e na forma que correspondan, entenderase que está conforme.
4. Contrato a tempo parcial, naqueles supostos nos que se deba prestar servicio por número de horas, días ou meses inferior ó que se considera habitual na fundación.
Para contratacións temporais de duración igual ou inferior ó ano, establécese un período de proba igual a quince días naturais para os traballadores e traballadoras non titulados e de dous meses para os titulados. Para contratos de duración superior a un ano, os períodos de proba serán de dous meses para os non titulados e de seis para os titulados.
En todo caso, os contratos formadores e formadoras tomarán a forma de contrato por obra ou servicio.
Artigo 12º.-Cesamentos.
A resolución da relación laboral avisarase cuha antelación mínima de 15 días naturais, coa excepción dos contratos de substitución ou aqueles de
obra ou servicio do persoal formador cando a súa duración non exceda dos tres meses.
Por cada día de falta de aviso por parte da fundación, esta aboará un día de salario bruto ó traballador ou traballadora.
Capítulo IV
Promoción no traballo
Artigo 13º.-Comunicación da contratación a comités de empresa ou delegados e delegadas de persoal.
As partes comprométense a cumpri-lo previsto na normativa legal vixente en todo o relativo ós dereitos de información da representación dos traballadores e traballadoras en materia de contratación. A fundación informará os comités de empresa ou os delegados e delegadas de persoal das vacantes e/ou postos de nova creación, do perfil aplicable ós candidatos e candidatas, da categoría e da retribución salarial.
Artigo 14º.-Selección e contratación do persoal.
1. A comisión de participación participará na elaboración dos criterios de selección e contratación do persoal. Asegurarase que os procesos de selección se desenvolvan con criterios de profesionalidade e non discriminación, e resolverá, de se-lo caso, o que proceda.
Para estes efectos, a fundación creará un ficheiro de formadores e formadoras no que se incluirán datos básicos de experiencia, capacitación e servicios profesionais previos, que conteñen, funcionamento e criterios de xestión desenvolveranse a través da comisión de participación.
A fundación valorará especialmente os servicios profesionais previos prestados nela e a duración daqueles, nas seleccións destinadas a cubrir os postos de traballo de acordo co disposto no artigo seguinte.
2. Formadores: nas seleccións destinadas a cubrir postos de formadores e formadoras, estes serán cubertos preferentemente polos traballadores e traballadoras con servicios previos na fundación, e valorarase o tempo efectivo de traballo, sempre que reúnan os requisitos de calidade, capacidade e adecuación ó posto para o que son requiridos, no marco da oferta formativa da fundación. Nestes supostos, os traballadores e traballadoras seleccionados quedarán exentos das probas selectivas correspondentes, non se convocando estas. Así mesmo, nestas contratacións consideraranse superados os períodos de proba que correspondan cando os formadores ou formadoras xa prestaran á fundación servicios previos equivalentes. A non selección de candidatos e candidatas que reúnan os requisitos anteriores e os do perfil definido pola fundación deberá ser motivada.
Os contratos dos formadores non poderán superar as 1.674 horas por ano, arbitrándose excepcionalmente a posibilidade de simultanea-la impartición
de dous cursos de programación diferentes cando a finalización do primeiro estea a piques de se producir. Esta excepcionalidade só se recollerá unha vez ó ano e a simultaneidade de cursos non se prolongará máis de quince días lectivos e 30 horas lectivas.
3. Orientadores: a selección e contratación do persoal orientador farase segundo as normas de convocatoria da axuda correspondente. Nas seleccións destinadas a cubrir postos de persoal orientador, estes serán cubertos preferentemente polos traballadores e traballadoras con servicios previos na fundación, valorándose o tempo efectivo de traballo, sempre que reúnan os requisitos de calidade, capacidade e adecuación ó posto para o que son requiridos, no marco da oferta orientadora da fundación. Nestes supostos, os traballadores e traballadoras seleccionados quedarán exentos das probas selectivas correspondentes, non sendo convocados a elas. Así mesmo, nestas consideraranse superados os períodos de proba que correspondan cando o persoal orientador xa prestara á fundación servicios equivalentes. A non selección de candidatos e candidatas que reúnan os requisitos anteriores e os do perfil definido pola fundación, deberá ser motivada.
Artigo 15º.-Promoción do traballador e da traballadora na fundación.
Antes de cubrir un posto de traballo (non declarado a extingui-lo suxeito á incorporación do seu titular) co persoal de novo ingreso, daráselle oportunidade de promocionarse ós traballadores e traballadoras con servicios previos de dous anos na fundación, mediante convocatoria restrinxida para este persoal. Non obstante e de acordo coa representación sindical, poderá unificarse esta convocatoria restrinxida coa oferta pública correspondente na que, en todo caso, se valorarán especialmente os servicios previos.
A promoción ás vacantes ou ós novos postos producirase tendo en conta a formación, antigüidade, capacidade e titulación.
Artigo 16º.-Traballos de superior e inferior categoría.
A fundación, polo tempo mínimo imprescindible e cando así o esixan as necesidades do servicio, poderá encomendarlles ós seus traballadores e traballadoras o desempeño de funcións correspondentes a unha categoría profesional superior por un período máximo de catro meses durante un ano ou de oito meses durante dous anos.
Cando desempeñe traballos de categoría superior, o traballador ou traballadora terá dereito á diferencia retributiva entre a categoría asignada e a correspondente á función que efectivamente realice.
O simple desempreño de funcións correspondentes a unha categoría superior nunca consolidará o salario nin a dita categoría. Para os efectos previstos no artigo 39 do Estatuto dos traballadores, o único procedemento válido para consolidar unha categoría
superior ou modificala será o concurso de ascenso establecido no presente convenio.
Se por necesidades perentorias imprevisibles a fundación precisara destinar un traballador ou traballadora para as tarefas correspondentes a unha categoría inferior á asignada, só poderá facelo por tempo non superior a un mes dentro do mesmo ano, manténdose a retribución e demais dereitos da súa categoría e comunicándollo á representación legal dos traballadores e traballadoras.
Capítulo V
Xornada, calendario, horario, vacacións, permisos e excedencias
Artigo 17º.-Xornada laboral e horario.
A xornada laboral anual máxima será de 1.674 horas, sendo a mesma de 37 horas semanais de traballo efectivo, con carácter ordinario, de luns a venres. Dentro do cómputo anual, establécense 30 horas para formación dos traballadores e traballadoras.
Dentro da xornada máxima anterior establécese, para o persoal integrado na categoría de formador e formadora, un máximo de 25 horas lectivas semanais. Con carácter excepcional, cando sexa necesario modifica-lo máximo semanal lectivo (25 horas) efectuarase trala consulta previa á representación sindical.
Nos contratos a tempo parcial para o dito persoal, manterase a proporción anterior entre as horas lectivas efectivas e o resto das súas obrigas profesionais.
No suposto de que a xornada laboral ininterrompida alcance ou supere as cinco horas dentro da xornada laboral establecida, gozarase de vinte minutos de descanso.
Naqueles postos nos que a organización do traballo esixa un ciclo superior ó normal, o horario da xornada laboral ordinaria poderá computarse, despois da negociación cos e coas representantes dos traballadores e das traballadoras, en ciclos superiores ó semanal para posibilita-lo normal funcionamento dos servicios.
O horario de traballo será negociado para cada un dos centros de traballo da fundación.
Poderase pacta unha xornada continuada de 35 horas semanais durante os períodos de menor actividade.
Establécese a posibilidade de arbitrar xornada continuada de 37 horas semanais para o persoal administrativo, na medida en que a organización dos centros de traballo así o permita. O establecemento desta xornada revisarase anualmente cando se elabore o calendario laboral anual.
Artigo 18º.-Calendario.
En tódolos centros de traballo e trala negociación previa coa representación legal dos traballadores e traballadoras confeccionarase, dentro dos 15 días
naturais seguinte ó da publicación oficial do calendario laboral correspondente á Comunidade Autónoma, o calendario laboral no que se recollerán as festas retribuídas e non recuperables aprobadas no Consello de Ministros a nivel estatal, así como as de carácter autonómico e local admitidas pola lei.
Artigo 19º.-Vacacións.
Os traballadores e as traballadoras dispoñerán dunhas vacacións retribuídas de 23 días laborables, excluídos os sábados, domingos e festivos, que se poderán gozar dunha soa vez ou nun máximo de dous períodos; neste caso un deles incluirá once días laborables e outro doce. Un destes bloques haberá necesariamente de gozarse entre o 15 de xuño e o 15 de setembro. Por causa xustificada poderase partir en tres bloques, gozando un deles no período anterior. No caso de coincidencia xeral nas mesmas datas, a fundación poderá, coa participación sindical correspondente, redistribuí-las vacacións.
As vacacións anuais gozaranse sen que en ningún caso poidan ser compensadas economicamente agás o persoal formador. Só o traballador ou traballadora poderá decidir apraza-la totalidade ou parte das mesmas fóra do ano natural, debendo solicita-la autorización á fundación.
Os contratos do persoal formador poderán incluír, a criterio do traballador, no seu ámbito temporal, o correspondente ó gozo da parte proporcional de vacacións.
Artigo 20º.-Permisos retribuídos.
Os traballadores e traballadoras da fundación, trala notificación, terán dereito a permisos retribuídos polas seguintes causas:
-Tres días naturais en caso de falecemento ou enfermidade grave de calquera familiar ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade. Cando a relación de consanguinidade sexa de segundo grao, o permiso será de dous días. Así mesmo, cando por tal motivo precise o traballador facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.
-Polo sometemento a técnicas de fecundación asistida ante a infertilidade da parella, polos períodos necesarios para isto.
-Por asistencia a ximnasia de preparación ó parto.
-Tres días laborais por parto da esposa ou compañeira.
-Un día natural no caso de casamento dos fillos e fillas, irmáns ou irmás ou pais. Non se computarán os días de viaxe no suposto de que a voda se celebre nunha localidade distinta ó domicilio do traballador ou traballadora.
-Por lactación dun fillo ou filla menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia no traballo, que elixirá o traballador ou traballadora durante a xornada laboral, ó inicio ou remate da xornada ou fraccionándoa en dúas partes.
-Polo tempo necesario nos casos de consulta médica, debendo achega-lo correspondente xustificante, de se-lo caso, por acompañamento non habitual dun fillo ou filla á consulta médica.
-Un día por mudanza e dous días se esta se produce fóra da praza.
-15 días naturais no caso de matrimonio ou inicio de convivencia equivalente, entre persoas do mesmo ou distinto sexo. Nesta última, a fundación e a representación dos traballadores e traballadoras decidirán a forma de verifica-la convivencia.
-Os traballadores e traballadoras afectados por toxicomanía e/ou alcoholemia terán un permiso retribuído polo tempo que requira segui-lo seu tratamento prescrito, sempre no caso de que non lle sexa recoñecida a IT e sempre que faga efectivo o compromiso de incorporarse a programas de deshabituación.
-Para a realización de xestións particulares, así como para o gozo de posibles pontes e permisos, establécense seis días retribuídos ó ano ademais dos previstos para vacacións, de libre elección polo traballador ou traballadora. O seu gozo non impedirá garanti-la xornada anual de 1.674 horas.
Artigo 21º.-Permisos non retribuídos.
En caso excepcionais e por motivos xustificados, poderase solicitar permiso non retribuído por un período inferior a seis meses. Solicitarase por parte do traballador ou traballadora con 15 días naturais de antelación. O dito permiso será concedido ou denegado pola fundación, despois dunha audiencia preceptiva dos representantes e das representantes dos traballadores e das traballadoras.
En caso de enfermidade grave ou dilatada dun fillo ou filla dispoñerase dos días necesarios de permiso sin soldo, debendo xustifica-las ausencias ó traballo.
Artigo 22º.-Excedencias.
A petición de excedencia tramitarase por escrito á fundación co tempo necesario para resolve-lo que proceda.
a) Voluntaria. Tódolos asalariados da fundación que teñan máis dun ano de antigüidade poderán solicitar unha excedencia na que a duración non poderá ser inferior a 6 meses nin superior a cinco anos. A dita excedencia entenderase sempre concedida sen dereito a percibir retribución ningunha e sen que no período de excedencia compute para ningún efecto.
O dereito de excedencia só poderá volver ser desfrutado polo mesmo traballador ou traballadora se trascorreron tres anos desde o final da anterior excedencia.
A petición de reingreso dará lugar ó dereito a ocupa-la primeira vacante de idéntica categoría que se xere.
b) Forzosa. Pasarase á situación de excedencia forzasa, que implicará o reingreso automático no posto de traballo anterior á súa concesión, polas seguintes causas:
-Servicio militar ou prestación social substitutoria. Non obstante, os traballadores que se encontren cumprindo a prestación social substitutoria ou o servicio militar, non pasarán á situación de excedencia forzosa cando poidan compaxina-lo horario de traballo coa prestación do servicio. Neste caso facilitaráselle ó traballador a adecuación ou modificación da xornada de traballo. En calquera dos casos, non superará a media xornada. Se o traballador non puidese compaxina-lo horario de traballo coa prestación do servicio, pasará á situación de excedencia forzosa.
-Nomeamento por cargo público (nesta designación é necesaria a publicación en diario oficial), sindical (de ámbito provincial ou superior) ou político (de ámbito provincial e neste caso requírense procesos electorais regulamentados por lei).
c) Especial. Por solicitude do traballador ou traballadora, e cos mesmos efectos da excedencia forzosa, polos seguintes motivos:
-Para atende-lo coidado dos fillos e/ou fillas. Esta excedencia só poderá ser utilizada polo pai ou a nai pero non por ámbolos dous, e por un período máximo de tres anos.
A notificación de cesaren as causas que motivaron a concesión da excedencia forzosa, deberá realizala o traballador ou traballadora á fundación dentro dos trinta días seguintes á aquel en que se dea esta circunstancia. De non se producir esta notificación, a fundación declarará o traballador ou traballadora en situación de excedencia voluntaria de acordo co parágrafo anterior.
Capítulo VI
Retribucións
Artigo 23º.-Retribucións.
Os traballadores ou traballadoras serán retribuídos por todos ou algún dos seguines conceptos: salario por categoría, complemento de posto compensación por xornadas especiais e complemento por resultados.
O salario correspondente á categoría de formador e formadora determinarase en función do valor da hora lectiva efectiva determinado para cada programación por Forem. No anexo II fíxanse os salarios do persoal formador en función das programacións.
O salario correspondente ó posto de traballo de técnico orientador e técnico IOBE, así como persoal administrativo IOBE, determinarase en función da axuda aprobada pola resolución correspondente.
O salario mensual de cada categoría será o que figura na táboa salarial e incorpórase como anexo II.
A actividade da fundación organízase cun enfoque orientado á consecución de resultados. Como reforzo deste enfoque, poderanse establecer contías económicas de carácter non consolidable para a remuneración de determinados postos de traballo ou colectivos, vinculadas á consecución deses resultados. Na determinación e fixación dos obxectivos participará o persoal afectado, que disporá de información suficiente para o seu seguimento e avaliación. A representación legal dos traballadores e traballadoras será informada regularmente do estado de consecución dos obxectivos que se arbitren.
Os atrasos que poidan corresponder como consecuencia da aplicación do establecido no presente convenio aboaranse antes do 15 de xuño do 2000.
Artigo 24º.-Pagas extraordinarias.
Establécense dúas pagas extraordinarias, cada unha delas correspondente a unha mensualidade de salario no verán e no Nadal, pagables nos meses de xuño e decembro entre os días 15 e 20 do mes no que comeza a aplicarse e en proporción ó tempo traballado no semestre natural inmediatamente anterior ó seu vencemento.
Para os traballadores e traballadoras do grupo IV, as ditas pagas considéranse incluídas no mecanismo regulamentado no artigo 23º do presente convenio.
Todo traballador e traballadora terá dereito, se así o solicita por escrito á dirección da fundación, a percibi-las pagas extraordinarias de forma rateada.
Artigo 25º.-Axudas de custo.
Cando por necesidade do servicio un traballador ou traballadora teña que se desprazar fóra do seu centro de traballo habitual, Forem aboaralle os gasos que esta necesidade ocasionara.
Durante a vixencia do presente convenio establécense as seguinte axudas de custo:
-Quilometraxe: 27 ptas./km.
-Xantar: 1.500 ptas.
-Cea: 1.300 ptas.
-Aloxamento: 4.500 ptas.
A percepción das axudas de custo por manutención non será compatible coas ingresos polo mesmo concepto ou por aqueles en que o gasto efectivo se produza con cargo a terceiros. Estas deberán acreditarse documentalmente, salvo motivo xustificado e admitido pola fundación.
Se por motivos de traballo houbese que realizar desprazamentos en períodos de descanso e/ou festivos, compensarase de acordo co artigo seguinte, salvo que a súa realización sexa parte esencial e xornada establecida no contrato correspondente.
Artigo 26º.-Horas extraordinarias.
Con carácter xeral quedan suprimidas as horas extraordinarias. Cando por circunstancias excepcionais se faga necesario a súa utilización, terase en conta a normativa existente para o efecto, sendo per
tinente tanto a comunicación previa do traballador ou traballadora con antelación ó seu responsable directo como a autorización para realizalas.
A prestación de traballo en horas extraordinarias e as súa forma de compensación será voluntaria, e compensarase en tempo e xornadas diarias completas e dentro dos oito meses seguintes á súa realización. As horas extraordinarias que excepcionalmente puidesen efectuarse compensaranse polo tempo equivalente de descanso retribuído, incrementado nun 75%.
A realización de horas extraordinarias rexistrarase día a día e totalizaranse mensualmente, non podendo superar un máximo de 60 horas por ano entregando copia do resumo ó traballador ou traballadora no parte correspondente.
Artigo 27º.-Compensación por nocturnidade.
Establécese un complemento de nocturnidade que será fixo na súa contía e mensual na súa percepción para aqueles postos de traballo que, total ou parcialmente, desenvolven a súa xornada de traballo en período nocturno.
Para a súa determinación tomarase como referencia o seguinte criterio: as horas traballadas durante o período comprendido entre as 10 da noite e as 6 da mañá, salvo que o salario se establecera atendendo a que o traballo sexa nocturno pola súa propia natureza, terán unha retibución específica incrementada, como mínimo, nun 25% sobre o salario base.
Artigo 28º.-Liquidacións.
No caso do persoal non formador, facilitarase ó traballador a proposta de liquidación con 3 días de antelación ó cese, salvo que a comunicación ou aviso previo o realice o traballador ou traballadora.
O traballador ou traballadora, se así o desexa, poderá estar asistido por unha persoa representante dos traballadores e traballadoras no acto de asina-la liquidación.
Unha vez asinado polo traballador ou traballadora o recibo da liquidación producirá os efectos liberatorios que lle son propios.
Artigo 29º.-Revisión salarial anual.
Durante a vixencia deste convenio, o día primeiro de xaneiro de cada ano a fundación incrementará a táboa salarial dos traballadores e traballadoras integrados nos grupos I, II e III do cadro de categorías do artigo 9º deste texto, cunha subida a conta que garanta o mantemento do poder adquisitivo.
Capítulo VII
Garantías sociais
Artigo 30º.-Complementos de enfermidade ou accidente.
A fundación complementará as presetacións por IT, enfermidade común ou accidente, mentres o traballador ou traballadora manteña esta situación, ata o 100% do seu salario real.
Artigo 31º.-Protección á maternidade no traballo.
Durante o período de xestación e lactación as traballadoras poderán solicita-lo cambio de posto de traballo, cando a tarefa que realice poida prexudica-la saúde da nai ou do feto, sen mingua de retribución, categoría ou de dereito á reincorporación posterior ó seu posto de traballo.
Artigo 32º.-Revisións médicas.
Tódolos traballadores e traballadoras da fundación terán dereito a unha revisión médica anual, incluída a xinecolóxica, de acordo coa representación dos traballadores e traballadoras da fundación. Faranse probas específicas e adaptadas ós factores de risco do posto de traballo.
Aqueles traballadores e traballadoras que realicen a súa xornada de traballo diante de pantallas de visualización de datos terán dereito a unha revisión médica ou ó tempo correspondente para asistiren ó especialista.
Facilitaráselle ó traballador ou traballadora copia intelixible do recoñecemento médico. En todo caso, o informe clínico pertence á esfera íntima da persoa traballadora e, como tal, debe ser protexido.
Artigo 33º.-Seguro colectivo.
A fundación concertará unha póliza de seguro que cubra os riscos de morte, invalidez e responsabilidade civil para os traballadores e traballadoras mentres presten os seus servicios nela. A indemnización será de 2.000.000 ptas. no caso de morte, ou dobre no caso de invalidez e de 10.000.000 por responsabilidade civil.
Artigo 34º.-Anticipos de salario e préstamos.
Toda persoa asalariada poderá solicita-lo anticipo de calquera das pagas extraordinarias, ata o 90% do percibible, independentemente de que se estea gozando ou non nese momento dalgún préstamo.
Na fundación establecerase e dotarase economicamente un fondo para anticipos e préstamos.
Os traballadores e traballadoras da fundación poderán solicitar anticipos a conta do salario por un valor de ata o 75% do neto a percibir mensualmente. Nos acordos de concesión estableceranse os prazos de devolución, asegurándose o seu reintegro completo con anterioridade ó remate, chegado o caso, do contrato.
Igualmente, poderán solicitar préstamos. O seu réxime será idéntico ó anterior. A cantidade máxima en concepto de préstamo que poderá solicitar cada traballador e traballadora será de 200.000 ptas. e o prazo de amortización non poderá ser superior a 20 meses.
Artigo 35º.-Formación.
Establecerase un plan de formación negociado e pactado coa representación sindical que incorporará, de se-lo caso, as adaptacións de xornada necesarias para a realización destes cursos. O dito plan será
de revisión anual e garantirá a realización de 30 horas anuais de formación par parte de tódolos traballadores e traballadoras suxeitos a este convenio. Estas 30 horas de formación estipúlanse dentro do cómputo anual de xornada laboral e fóra do horario habitual de traballo.
Estableceranse sistemas de avaliación e control das accións formativas pactadas coa representación sindical.
Garantirase a aplicación do artigo 13 do Acordo nacional de formación sobre permisos individuais.
Con independencia do plan de formación da fundación, o traballador e traballadora terá dereito á formación individual respectándose os seguintes termos:
-Permiso retribuído polo tempo imprescindible para a asistencia a exames de titulacións oficiais ou non, relacionadas coa súa promoción profesional ou persoal. Este punto valorarase cando proceda, conxuntamente coa representación sindical. En todo caso será necesario achegar documento xustificativo.
-Adaptación e/ou reducción da xornada cando a organización do traballo o permita.
-Para facilita-la realización de estudios que dean lugar a titulacións recoñecidas oficialmente ou equivalentes, a fundación dotará dun fondo de bolsas de estudios que financiará ata un máximo do 50% do custo de matriculación. O seu réxime axustarase ó disposto no artigo seguinte.
-Poderanse solicitar permisos non remunerados por motivos académicos, que deberán acreditarse, e serán concedidos por un tempo non superior a un mes sempre que a organización do traballo o permita.
Artigo 36º.-Concesión de bolsas de estudios.
A concesión de bolsas e a determinación da súa contía, así como o estudio das reclamacións que poidan realiza-los afectados pola aplicación deste regulamento, serán funcións que desempeñará exclusivamente a CP. A solicitude da bolsa presentarase na CP cun mes de antelación ó comezo da actividade, podendo ser aceptadas se do fondo asignado para este fin quedan recursos.
A comisión xuntarase a comezos do mes de outubro para estudia-las solicitudes e subliñar aquelas que sexan aceptadas.
Poderán benficiarse destas axudas tódolos traballadores e traballadoras da fundación que conten cun mínimo de 9 meses de servicios na fundación.
Serán custeados os estudios seguintes: ensino medio, formación profesional, universitaria, técnica e calquera outra disciplina docente que estea recoñecida oficialmente, con preferencia no ensino público; cando a dita ensinanza sexa imposible realizala en institucións públicas, será a comisión quen valoraá a oportunidade de concesión da bolsa.
Os gastos anuais debidamente xustificados que ocasione a ensinanza dos traballadores e traballadoras discapacitados serán especialmente atendidos, sempre que esa condición sexa recoñecida pola Seguridade Social ou por outras institucións dedicadas especialemtne a iso.
O pagamento da bolsa estará suxeito á presentación de matrícula ou documento acreditativo.
A cada materia só se lle pode conceder unha bolsa dous anos consecutivos, salvo causa xustificada de forza maior.
Artículo 37º.-Traballadores e traballadoras discapacitados.
Entenderanse por traballadores discapacitados aquelas persoas nas que as súas posibilidades de integración educativa, laboral ou social se atopen diminuídas nun grao igual ou superior ó 33%, de carácrer conxénito ou non, nas súas capacidades físicas, psíquicas ou sensoriais.
A fundación terá nas novas contratacións para empregar un número de traballadores e traballadoras discapacitados non inferior ó 2% do cadro de persoal, entre os que se atopan inscritos como tales no correspondente rexistro de traballadores e traballadoras discapacitados da oficina de emprego.
Non poderán considerarse dentro da cota de reserva aqueles traballadores e traballadoras que adquiran unha discapacidade como consecuencia de accidente ou enfermidade profesional ou accidente e enfermidade común, que estiveran prestando os seus servicios para a fundación.
A fundación conservará o nivel salarial e profesional dos diminuídos que pasen a ter tal consideración despois dun accidente de traballo, enfermidade ou accidente non laboral, sobrevindo despois do seu ingreso na fundación.
Nesta circunstancia a fundación estará obrigada a adapta-lo posto de traballo ás novas condicións físicas, psíquicas ou sensoriais do traballador ou traballadora, en función da súa discapacidade.
Cando os equipos profesionais consideren que a adaptación non se pode levar a cabo daráselle ó traballador ou traballadora un posto de traballo compatible coa súa minusvalidez. O traballador ou traballadora poderá optar entre que se lle pague o salario que lle corresponda ó novo posto de traballo ou que se lle manteña o que en cada momento sexa asignado á categoría e posto de traballo anterior.
Para poder concorrer ás probas de acceso a prazas reservadas para discapacitados e discapacitadas, acreditaranse mediante certificado emitido polo servicio público competente, as capacidades residuais laborais da persoa interesada, así como as adaptacións necesarias para a realización das probas de selección se iso fose necesario, para garanti-la equidade da súa realización.
A CP establecerá a relación dos postos de traballo que deban destinarse preferentemente ós discapacitados e discapacitadas e os que se lles reserven con preferencia absoluta.
Os traballadores e traballadoras discapacitados poderán realizar unha xornada de traballo inferior á que se establece no presente convenio a pedimento da persoa interesada. A súa duración adecuarase ás súas condicións físicas, psíquicas ou sensoriais e a remuneración será proporcional ó tempo de prestación dos seus servicios.
A fundación procurará a adecuación progresiva dos locais de Forem Galicia ás peculiaridades destes traballadores e traballadoras, eliminando as barreiras arquitectónicas. Os novos locais dos que se vaia dotando a fundación observarán as medidas arquitectónicas no acceso e na disposición interior dos espacios que permitan o desenvolvemento autónomo dos traballadores e traballadoras discapacitados.
Capítulo VIII
Dereitos sindicais
Artigo 38º.-Dereitos sindicais.
Ámbalas partes están de acordo en que os traballadores e traballadoras deben gozar dos dereitos sindicais da maneira máis ampla posible e de conformidade coa lexislación vixente.
Artigo 39º.-Representantes sindicais.
Os e as representantes sindicais serán elixidos conforme a lexislación vixente.
Os e as representantes elixidos e que cesen a súa relación laboral coa fundación, seguirán sendo representantes legais na nova contratación, sempre que non fosen subsituídos polos suplentes correspondentes.
Artigo 40º.-Comités de empresa e delegados e delegadas de persoal.
a) O número de membros de cada comité de empresa e, se é o caso, o número de delegados e delegadas de persoal, determinarase de acordo co establecido no artigo 66 do ET e na normativa vixente en cada momento para a elección dos órganos de representación dos traballadores e das traballadoras.
b) Ademais das que lles asigna o artigo 64 do ET, os membros de cada comité de empresa e os delegados e delegadas de persoal designarán os representantes na comisión de participación.
c) Os membros dos comités de empresa ou delegados e delegadas do persoal poderán expresar colexialmente con liberdade as súas opinións nas materias concernentes á esfera da súa representación, podendo publicar e distribuír información de interese laboral e social sen perturba-lo normal desenvolvemento do traballo, comunicándollo á fundación.
Cada un dos membros do comité de empresa ou delegado e delegada de persoal dispoñerán dun cré
dito de horas mensuais retribuído para o exercicio das súas funcións de representación que será superior en cinco horas ó establecido no ET.
Poderán acumularse os créditos de horas sindicais dos e das representantes incluídos neste artigo en favor dun ou varios deles, ata o 15% das de cada un.
A fundación facilitará o espacio e os medios para exerce-lo labor de representación sindical.
Os traballadores e traballadoras terán dereito a tempos retribuídos para a realización de asembleas en tempo de traballo, trala comunicación previa á fundación, ata un máximo de once horas anuais e co límite de catro diarias. Establécese igual dereito para os afiliados e afiliadas a seccións sindicais para a asistencia a asembleas convocadas por elas.
A fundación informará os e as representantes dos traballadores e traballadoras da actividade e a xestión en tódolos ámbitos. Para iso terán acceso á conta de resultados, ó balance, á memoria e ó organigrama de persoal. Así mesmo, facilitaráselles copia dos e das representantes e balances da fundación anualmente.
Cando se celebren eleccións sindicais na fundación, consideraranse elixibles, segundo este convenio, todos aqueles traballadores e traballadoras maiores de dezaoito anos cunha antigüidade na empresa que sexa como mínimo de tres meses.
En cumprimento da Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, informarase os e as representantes dos traballadores e das traballadoras en materia de contratacións.
Os membros dos comités e/ou delegados de persoal serán informados de tódalas sancións ou amoestacións impostas independentemente do seu grao, anteriormente a facelas efectivas. No caso de sanción grave e moi grave, será preceptivo abrir expediente contradictorio, independentemente de que o traballador ou traballadora sexa ou non representante dos traballadores e traballadoras.
Artigo 41º.-Seccións sindicais.
As seccións sindicais que obtiveran o 10% dos votos nas eleccións de comités de empresa dispoñerán dun delegado ou delegada sindical cando o número de afiliados e afiliadas sexa de 1 a 250 persoas traballadoras, non se admitindo a acumulación de horas sindicais por parte destes delegados e delegadas.
Os delegados e delegadas sindicais de centro que non formen parte do comité de empresa respectivo terán as mesmas garantías e dereitos cós recoñecidos para os membros dos comités de empresa e delegados de persoal.
Saúde laboral. Nomearanse delegados de prevención en tódolos centros correspondéndolle-la vixilancia das normativas de saúde laboral así como o establecemento de plans preventivos de saúde laboral. Estes delegados e delegadas dispoñerán de crédito horario suficiente para desenvolve-las fun
cións asignadas e terán posibilidade de acceder ás accións formativas relacionadas coa súa función.
Artigo 42º.-Participación sindical na fundación.
En aplicación do presente convenio recoñécese o dereito á participación dos traballadores e traballadoras na xestión da fundación. Ámbalas partes establecerán as condicións e órganos de goberno nos que se produce esta participación.
Artigo 43º.-Cota sindical.
A requirimento do traballador ou traballadora, a fundación descontará da nómina mensual da persoa o importe da cota sindical correspondente.
A petición será remitida polo traballador ou traballadora á dirección da fundación por medio dun escrito no que se expresará con claridade a orde de desconto e a contía da cota, así como o número de conta corrente ou libreta da conta de aforros á que debe ser transferida a correspondente cantidade.
Capítulo IX
Faltas e sancións
Artigo 44º.-Faltas dos traballadores e traballadoras.
Considéranse faltas as accións ou omisións que supoñan incumprimento ou quebranto dos deberes laborais establecidos polas disposicións legais vixentes.
As faltas clasificaranse en consideración á súa importancia, trascendencia e prexuízo, en leves, graves e moi graves.
Artigo 45º.-Faltas leves.
Teñen a consideración de faltas leves as seguintes:
-De dúas a catro faltas de puntualidade na asistencia ó traballo sen causa xustificada, nun período de trinta días naturais. Para estes efectos, os atrasos computaranse a partir dos primeiros vinte minutos, os cales serán recuperables ó final da xornada, desde o inicio oficial da xornada diaria efectiva.
-Non notificar no prazo de tres días a baixa por IT, salvo que se demostre a imposibilidade de facelo.
-O abandono inxustificado do posto de traballo.
-Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.
-Neglixencia non grave no traballo.
-Desobediencia leve a un superior.
-Simultanear traballos con outras entidades do sector no caso de traballadores non habituais sen solicitude previa á fundación con alomenos dez días de antelación.
Esta disposición afectará a persoal fixo a xornada completa, traballadores e traballadoras do grupo I, traballadores e traballadoras do grupo IV a xornada completa.
Artigo 46º.-Faltas graves.
Son faltas graves as seguintes:
-Máis de catro faltas de puntualidade non xustificadas nun período de trinta días naturais.
-Falta de dous días ó traballo sen xustificación nun período dun mes.
-Simula-la presencia doutro traballador ou traballadora valéndose da súa sinatura, ficha ou tarxeta de control.
-A simulación de enfermidade ou accidente.
-A neglixencia no traballo que afecte negativamente a marcha do servicio.
-A reincidencia en falta leve, dentro dun trimestre e sempre que a falta fora sancionada por escrito.
Artigo 47º.-Faltas moi graves.
Son faltas moi graves:
-A indisciplina ou desobediencia no traballo.
-O abuso de confianza ou deslealdade nas xestións encomendadas, incluído o uso indebido de información.
-Máis de sete faltas de puntualidade non xustificadas nun período de trinta días naturais, máis de quince en cento oitenta días e máis de vintecinco nun período dun ano.
-Faltar ó traballo tres días sen causa xustificada durante un período dun mes.
-A embriaguez habitual e/ou toxicomanía, cando repercuta negativamente no traballo, salvo o disposto no artigo 20º.
-Os malos tratos de palabra ou de obra ós subordinados e subordinadas, compañeiros e compañeiras ou superiores, no marco da relación laboral e/ou o acoso sexual.
-A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal do traballo.
-A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre.
Artigo 48º.-Sancións.
As sancións que proceda impoñer en cada caso polas faltas cometidas serán as seguintes:
Por faltas leves:
a) Amoestación verbal.
b) Amoestación por escrito.
Por faltas graves:
a) Suspensión de emprego e soldo de 1 a 15 días.
Por faltas moi graves:
a) Suspensión de emprego e soldo de 15 días a 2 meses.
b) Despedimento.
Artigo 49º.-Prescrición.
As faltas respecto ós traballadores e traballadoras prescribirán:
As faltas leves ós 10 días.
As faltas graves ós 20 días.
As moi graves ós 60 días.
O prazo de prescrición iníciase desde o momento en que a fundación ten coñecemento da falta cometida e, en todo caso, ós seis meses de cometerse.
A apertura dun expediente sancionador interrompe a prescrición.
Disposición transitoria
A xuntanza da constitución da CIVE convocarase nos quince días seguintes ó asinamento do convenio.
ANEXO I
Grupo IV. Persoal formador.
É a categoría correspondente ó desempeño do posto de traballo da área funcional de formación que, de acordo coas instruccións recibidas, con responsabilidade e iniciativa, e sendo responsable do bo uso que se faga dos equipos, máquinas e ferramentas da súa aula ou obradoiro durante o tempo que se dean os cursos, desenvolve as seguintes funcións:
-Preparación e realización da selección de alumnos.
-Impartición das horas lectivas do curso.
-Preparación das clases teóricas e prácticas para acada-lo nivel de calidade esixido por Forem Galicia.
-Elaboración do manual ou da documentación complementaria para o alumnado que sexa necesaria, entregando esta debidamente clasificada, con índice e ordenada a Forem Galicia.
-Asistir a cantas reunións sexa convocado por Forem Galicia.
-Face-los controis e avaliacións oportunos ó alumnado para coñece-lo aproveitamento da acción formativa, entregando o resultado deles a Forem Galicia.
-Cubrir e custodia-la documentación administrativa que corresponda.
-Confeccionar unha memoria detallada do curso.
-Colaborar na orientación ó alumnado e procura-la inserción laboral do alumnado desempregado.
Grupo III. Operario e operaria.
É a categoría correspondente ó desempeño de postos de traballo da área funcional de servicios xerais que, baixo a dirección e coordinación dun superior xerárquico, require a realización de tarefas profesionais que non esixen unha formación ou cualificación específica, desenvolvendo estas no marco de actuacións e rutinas preestablecidas: portería, vixilancia, limpeza e mantemento.
Grupo II. Persoal administrativo.
É a categoría correspondente ó desempeño do posto de traballo da área funcional de administración e xestión que, baixo a dirección e coordinación dun superior xerárquico, con formación acreditada de FP1 ou equivalente con experiencia profesional contrastada, desenvolve con autonomía e iniciativa tarefas e procedementos de carácter administrativo no marco de procedementos preestablecidos, como:
-Recepción, clasificación, derivación e control de comunicacións telefónicas.
-Rexistro, clasificación e arquivo de documentación.
-Manexo a nivel de ususario de paquetes ofimáticos estándar.
-Mecanización e mecanografado de documentos.
-Realización de operacións de cálculo non complexo.
-Atención, información e derivación, de se-lo caso, do público.
-Seguimento e control de procedementos administrativos.
Postos de traballo: administrativo ou administrativa IOBE, administrativo ou administrativa.
Oficial 2ª (servicios xerais).
É a categoría correspondente ó posto de traballo da área funcional de servicios xerais que, cunha titulación de FP1 na rama específica do seu oficio ou equivalente, efectúa os traballos dun determinado oficio coa suficiente corrección e eficacia.
Oficial 1ª administrativo e administrativa.
É a categoría correspondente ó posto de traballo da área funcional de administración e xestión que, baixo a dirección e coordinación dun superior xerárquico, con formación acreditada de FP2 ou equivalente, desenvolve e executa con autonomía e iniciativa as tarefas administrativas de carácter especializado (contabilidade, tesourería, arquivo, xestión administrativa de programación, compras) podendo contar con persoal de apoio e proporcionando a mellora de procedementos e sistemas de xestión, como:
-Recepción, clasificación, derivación e control de comunicacións telefónicas.
-Rexistro, clasificación e arquivo de documentación.
-Mecanización e mecanografado de documentos.
-Realización de operacións de cálculo non complexo.
-Atención, información e derivación, de se-lo caso, do público.
-Seguimento e control de procedementos administrativos.
-Desenvolvemento das obrigas profesionais especializadas do posto de traballo correspondente como: levar libros de contas, redacción de correspondencia con iniciativa propia, cobramentos e pagamentos sen sinatura, facturas e cálculo delas.
-Elaboración de informes básicos.
Oficial 1ª (servicios xerais).
É a categoría correspondente ó desempeño dos postos de traballo da área funcional de servicios xerais que, en posesión do título de FP2 na rama específica do seu oficio ou equivalente e posuíndo a práctica do seu oficio correspondente, realiza o seu traballo de tal maneira que non só lle permite levar a cabo os traballos da súa especialidade, utilizando máquinas, ferramentas e outros efectos necesarios chegado o caso.
Xefe administrativo e xefa administrativa.
É a categoría correspondente ó desempeño do posto de traballo da área funcional de administración e xestión que, baixo a dirección e coordinación dun superior xerárquico, con formación acreditada de FP2 ou equivalente, organiza e coordina, con autonomía, responsabilidade e iniciativa, o traballo administrativo e o persoal asignado a el, dun centro de xestión da fundación que, pola súa complexidade ou volume, require esta función, desenvolvendo conxuntamente co persoal ó seu cargo, as tarefas e funcións descritas para os postos destes e especialmente:
-Elaboración de informes básicos.
-Seguimento orzamentario.
-Control e/ou xestión administrativa de RR.HH.
-Coordinación administrativa.
Xefe e xefa de servicios xerais.
É a categoría correspondente ó desempeño dos postos de traballo da área funcional de servicios xerais que, estando en posesión do título de FP2 ou tendo unha formacióin práctica equivalente para o desempeño do posto de traballo, domina con total responsabilidade un conxunto de técnicas relacionadas coas funcións que ha desenvolver e que pola súa complexidade requiren unha capacidade profesional demostrada. Dirixe e supervisa o traballo do persoal ó seu cargo.
Grupo 1. Técnico e técnica.
É a categoría correspondente ó desempeño dos postos de traballo tipo, relativos ás áreas funcionais de xestión de proxectos e/ou administración, que se definen máis abaixo e que, baixo a dirección e coordinación dun superior xerárquico, con formación acreditada mínima de grao medio universitario ou equivalente, ou unha experiencia profesional de nivel superior contrastada, desenvolve, con autono
mía, iniciativa e responsabilidade, funcións de xestión técnica e/ou administrativa de alto nivel, como:
-Elaboración de orzamentos por accións e/ou planos formativos.
-Xestión e seguimento orzamentario e/ou administrativo.
-Xestión e disposición dos recursos ambientais, materiais, informativos e profesionais asignados ós planos formativos, coa correspondente proposta de planificación.
-Participación nos procesos de selección dos alumnos e alumnas.
-Representación fundacional a nivel técnico nos ámbitos que lle asigne a dirección correspondente.
-Coordinación e/ou dirección dos proxectos que se lle encomenden.
-Coordinación e dirección do persoal ó seu cargo.
-Elaboración de informes de avaliación.
-Planificación, organización e execución das sesións de orientación profesional ós alumnos de Forem.
-Información e atención ós usuarios dos centros Forem.
-Custodia e recollida de documentación.
-Seguimento das accións formativas.
-Preparación e contacto cos grupos de alumnos.
-Presentación e clausuras dos cursos.
-Planificación, organización e realización de actividades de orientación profesional.
-Desenvolvemento das obrigas profesionais que son obxecto do posto.
Postos: técnico, técnica de xestión; coordinador, coordinadora de área; técnico, técnica de especialidade; técnico, técnica orientación; técnico, técnica IOBE.
Técnico e técnica superior.
É a categoría correspondente ó desempeño dos postos de traballo que esixen a posesión dunha titulación universitaria de nivel superior específica que, en consecuencia, se constitúe en requisito habilitante. No desempeño dos ditos postos desenvolve, con autonomía, iniciativa e responsabilidade, funcións de xestión técnica, como:
-Elaboración de orzamentos por accións e/ou planos formativos.
-Xestión e seguimento orzamentario e/ou administrativo.
-Xestión e disposición dos recursos ambientais, materiais informativos e profesionais asignados ós plans formativos, coa correspondente proposta de planificación.
-Participación nos procesos de selección de alumnos e alumnas.
-Asesoramento técnico e relacións coas organizacións clientas.
-Representación da fundación a nivel técnico nos ámbitos que lles asigne a dirección correspondente.
-Coordinación e/ou dirección dos proxectos que se lle encomenden.
-Coordinación e dirección do persoal ó seu cargo.
-Elaboración de informes de avaliación.
-Desenvolvemento dos cometidos profesionais que son obxecto do posto.
-Deseño de proxectos de investigación, elaboración de materiais e/ou plans de formación.
-Coordinación pedagóxica.
-Deseño de sistemas de avaliación.
-Dirección e coordinación de proxectos e/ou plans.
-Desenvolvemento dos cometidos específicos correspondentes a súa titulación profesional.
Postos: técnico, técnica de xestión; coordinador, coordinadora área; técnico, técnica de especialidade.
Coordinación de área.
É o posto de traballo que poderán desempeñar de forma indistinta traballadores e traballadoras integrados nas categorías de persoal técnico ou persoal técnico superior e que implica o exercicio e capacidade de xestión e coordinación da totalidade de recursos adscritos pola fundación ó ámbito territorial determinado incluídas ás catro áreas funcionais.
Polas necesidades organizativas, poderá subdividirse en áreas de servicio ou unidades menores.
ANEXO II
1. De conformidade co disposto no artigo 23º establécense para o ano 1999 as seguintes retribucións:
Persoal técnico superior: 237.301.
Persoal técnico: 209.708.
Xefe, xefa de administración: 185.426.
Oficial 1ª: 173.418.
Persoal administrativo: 129.765.
Operario, operaria.
As retribucións revisaranse anualmente en función do incremento medio dos convenios colectivos asinados en Galicia, no ano, segundo os índices oficiais da Xunta de Galicia.
1. Nos distintos ámbitos de xestión determinaranse os complementos de posto que se acorden.
Con independencia da categoría poderanse establecer complementos por maior responsabilidade derivados da coordinación dun centro.
2. Para o pesoal da categoría de formador e formadora establécese para as programacións do período de 1999 as establecidas no anexo III.
3. Para o persoal IOBE, os salarios para 1999 serán os seguintes:
Administrativo IOBE: 135.700.
Técnico IOBE: 195.614.
ANEXO III
Programación FIP 99
Santiago de Compostela
A Coruña
1692 EN0651 Auxiliar enfermería xeriátrica 200 15 185 464.634 1693 EN0111 Celador institucións sanitarias 200 15 185 359.146 1694 EN0111 Celador institucións sanitarias 200 15 185 359.146 1695 EN0352 Enfermería de psiquiatría 400 20 380 1.390.924 1696 AO0153 Analista contable 400 20 380 1.120.294 1697 AO0159 Aplicacións informáticas oficinas 300 15 285 840.220 1698 AO0156 Aplicacións informáticas xestión 300 15 285 840,220
Ferrol 1565 EN011 Celador institucións sanitarias 200 15 185 359,146 1566 EN0111 Celador institucións sanitarias 200 15 185 359,146 1567 EN0451 Enfermería atención primaria e comunitaria 300 15 285 715,787 1568 EN0451 Enfermería atención primaria e comunitaria 300 15 285 715,787 3793 Transporte mercadorías perigosas por estrada 110 15 95 247,586 3825 Transporte mercadorías perigosas por estrada 110 15 95 247,586 1575 AO0159 Aplicacións informáticas oficinas 300 15 285 840.220 1577 AO0156 Aplicacións informáticas xestión 300 15 285 840.220 1579 IN0054 Especialista DAO 200 15 185 640.637 1581 EL0051 Deseño simulación circuítos electrónicos 360 20 340 1.440.821 1582 EL0051 Deseño simulación circuítos electrónicos 360 20 340 1.440.821 1584 CM0003 Caldereiro tubeiro 750 20 730 1.249.898 1586 CM0003 Caldereiro tubeiro 750 20 730 1.249.898 1588 EL0711 Aplicacións fibra óptica 500 20 480 2.144.038 1590 CO0455 Man. Rep. Inst. fontanería e calefacción 300 15 285 538.488 1592 CO0455 Mant. Rep. Inst. fontanería e calefacción 300 15 285 538.488
Oleiros 1642 EN0252 Auxiliar nutrición e dietética 200 15 185 464.634 1644 EN0252 Auxiliar nutrición e dietética 200 15 185 464.634 1646 MI0152 Tçecnico programación asistida CAD-CAM 420 20 400 1.443.370 1647 MI0152 Técnico programación asistida CAD-CAM 420 20 400 1.443.370 1648 AO0159 Aplicacións informáticas oficinas 300 15 285 840.220 1649 AO0156 Aplicacións informáticas xestión 300 15 285 840.220 1650 OP0112 Auxiliar práctico topografía 450 20 430 1.079.959 1659 CI0359 Escalado estudio marcadas ordenador 200 15 185 508.507 1660 IN0054 Especialista DAO 200 15 185 640.637 1661 EE0312 Instalador eléctrico de edificios 850 20 830 2.172.101 1662 EL0011 Tçecnico electrónica xeral 900 20 880 2.324.411 1670 EL0711 Aplicacións fibra óptica 500 20 480 2.144.038 1671 CO0455 Mant. instalacións fontanería e calefacción 300 15 285 538.488 1672 CO0411 Fontaneiro 580 20 560 1.351.076
Lugo Lugo 1595 EN0111 Celador institucións sanitarias 200 15 185 359.146 1601 EN0352 Enfermerías de psiquiatría 400 20 380 1.390.924 1604 HO0211 Camareira de pisos 310 20 290 395.195 1606 HO0211 Camareira de pisos 310 20 290 395.195 1608 TR0053 Tco. manipulación e transporte mercadorías perigosas 240 15 225 673.177 1610 TE0112 Vendedor técnico 350 20 330 838.881 1613 HO0112 Cociñeiro 920 20 900 2.774.634 1614 HO0112 Cociñeiro 920 20 900 2.774.634 1621 EE0412 Electricista mantemento industrial 950 20 930 2.476.773 1624 EE0351 Instalador electricista en vivendas 200 15 185 455.032 1627 EL0711 Aplicacións fibra óptica 500 20 480 2.144.038 1629 CO0411 Fontaneiro 580 20 560 1.351.076 1631 CO0455 Mant. Rep. Inst. fontanería e calefacción 300 15 285 538.488
Cervo 3787 Celador sanitario 250 15 235 463.387 3788 Celador sanitario 250 15 235 463.387 1555 SC0001 Iniciación servicios sociais 400 20 380 686.939 1557 SC0001 Iniciación servicios sociais 400 20 380 686.939 1558 CO0455 Mant. instalacións fontanería e calefacción 300 15 285 538.488 1559 CO0455 Mant. instalacións fontanería e calefacción 300 15 538.488 1560 SE0153 250 15 235 543.816 1561 SE0153 Soldadura TIG Estruct. Recip. aluminio 250 15 235 543.816 1562 EE0351 Instalador electricista en vivendas 200 15 185 455.032 1563 EE0351 Instalador electricista en vivendas 200 15 185 455.032 1564 EL0711 Aplicacións fibra óptica 500 20 480 2.144.038
Ourense Ourense 1719 EN0651 Auxiliar enfermería xeriátrica 200 15 185 464.634 1720 EN0111 Celador institucións sanitarias 200 15 185 359.146 1721 EN0352 Enfermería de psiquiatría 400 20 380 1.390.924 3794 Transporte de mercadorías perigosas por estrada 110 15 95 247.586 1723 TE0112 Vendedor técnico 350 20 330 838.881 1724 OP0112 Auxiliar práctico topografía 450 20 430 1.079.959 1725 OP0112 Auxiliar práctico topografía 450 20 430 1.079.959 1726 AO0159 Aplicacións informáticas de oficina 300 15 285 840.220 1727 AO0156 Aplicacións informáticas de xestión 300 15 285 840.220 1728 IN0057 Especialista informática educativa 200 15 185 649.674 1729 FC0911 Inst. calefacción e radiador bomba calor 680 20 660 1.654.781 1730 CO0458 Instalador gas IG-II 350 20 330 811.679 1731 EE0312 Instalador eléctrico de edificios 850 20 830 2.172.101 1732 EE0351 Instalador electricista en vivendas 200 15 185 455.032
O Barco de Valdeorras 1535 AO0159 Aplicacións informáticas de oficina 300 15 285 840.220 1536 AO0156 Aplicacións informáticas de xestión 300 15 285 840.220 1537 EN0111 Celador institucións sanitarias 200 15 185 359.146 1538 EN0111 Celador institucións sanitarias 200 15 185 359.146 1539 EN0451 Enfermería atención primaria e comunitaria 300 15 285 715.787 1540 EN0451 Enfermería atención primaria e comunitaria 300 15 285 715.787 1541 EE0351 Instalador electricista en vivendas 200 15 185 455.032
Pontevedra Vigo 1700 AO0159 Aplicacións informáticas de oficinas 300 15 285 840.220 1701 IN0054 Especialista DAO 200 15 185 640.637 1702 IN0054 Especialista DAO 200 15 185 640.637 1703 MI0153 Programador centros mecanizados CNC 230 15 215 755.026 1704 DI0002 Debuxo básico asistido ordenador 300 15 285 510.935 1705 IN0064 Deseño, fotorrealismo e animación ordenador 500 20 480 1.651.171
1706 CI0359 Escalado estudio marcadas ordenador 200 15 185 508.507 1707 EN0651 Auxiliar enfermería xeriátrica 200 15 185 464.634 1708 EN0111 Celador institucións sanitarias 200 15 185 359.146 1709 EN0111 Celador institucións sanitarias 200 15 185 359.146 1710 EN0352 Enfermería de psiquiatría 400 20 380 1.390.924 1711 CO0451 Maquinista corsetería e baño 350 20 330 623.512 1712 CI0311 Patronista de confección 600 20 580 1.486.201 1713 CI0353 Patronista escalador 280 15 265 781.257 1714 CI0211 Técnico en confección 450 20 430 1.267.701 1715 EE0312 Instalador eléctrico de edificios 850 20 830 2.172.101 1716 EL0551 Técnico mantemento autómatas Programab. 400 20 380 1.352.640
Pontevedra 1687 AO0159 Aplicacións informáticas de oficina 300 15 285 840.220 1688 AO0156 Aplicacións informáticas de xestión 300 15 285 840.220 1690 EN0511 Enfermería xestión supervisores 240 15 225 811.896 1691 EN0511 Enfermería xestión supervisores 240 15 225 811.896
Área pública 99
PIAP: Básico de informática 71.111 Cociña práctica básica 135.556 O persoal nas adminstracións públicas 112.963 Avaliación de riscos laborais e participación dos traballadores 112.963 Excel 7.0 112.963 Internet 71.111 Intervención dos servicios públicos na atención ás agresións ás mulleres 112.963 Manipulación de productos de limpeza 112.963 Microsoft Acces 97 112.963 Procedemento administrativo (básico) 112.963 Windows 95 53.333 Windows 98 53.333 Word 7 Windows 112.963 Word 97 112.963
Ensino: Xestión, organización e función directiva 316.296 Historia e fonte oral 90.370 Informática no ensino 135.556 A comunicación e as relacións humanas 90.370 Nutrición infantil 112.963 Prácticas de cartografía 180.741 Primeiros auxilios en centros educativos 135.556 Resolución de conflictos na aula e habilidades sociais 135.556 Servicios complementarios dun centro educativo 90.370 Títeres e marionetas como recurso didáctico na aula 135.556
Correos: Curso de cociña 71.111 O factor humano: desenvolvemento das persoas nas Administracións públicas 112.963 Xestión de oficinas de correos 71.111 Introducción ó dereito ambiental 112.963 A avaliación do impacto ambiental 135.556 As RPTS: clasificación, descrición e valoración nas administracións 112.963 Procedemento administrativo básico 112.963 Seguridade Social 112.963 Técnicas de arquivo e bibliotecas 112.963 Teoría da comunicación 112.963 Windows 95 53.333
Sanidade: Coidados paliativos 180.000 Strees laboral 120.000 Fundamentos coidados básicos enfermería 180.000 Metodoloxía, diagnóstico e plans 180.000 Mobiliz. pacientes e Prev. alteracións Musc.-Esquelet. 180.000