Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 31 de agosto de 1999 Páx. 10.774

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do pacto extraestatutario da empresa Butacid Verín, S.L. de Ourense.

Visto o texto da revisión salarial do pacto extraestatutario da empresa Butacid Verín, S.L. de Ourense (publicado no BOP nº 54, do 7-3-1998), con entrada nesta delegación provincial o día 8 de xullo de 1999, subscrito, en representación da parte económica, por Octavio Cid Guerra, e da parte social, en representación dos traballadores, por Manuel Ángel García Ginzo, o día 7 de xuño de 1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores; Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo,

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 13 de xullo de 1999.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Táboa salarial para 1999

Salario baseComplemento

de transporte

Encargado xeral92.6187.869
Xefe de contabilidade91.2347.869
Encargado de almacén82.1387.869
Xefe de negociado82.1387.869
Oficial de primeira76.3587.869
Oficial de segunda74.4457.869
Cobrador73.1697.869
Conductor de remolque76.3587.869
Conductor camión pesado76.3587.869
Conductor de reparto76.3587.869
Mecánico visitador76.3587.869
Mecánico instalador76.3587.869
Conductor de carretilla76.3587.869
Mozo de reparto73.3147.869
Garda73.3147.869
Mozo de almacén73.3147.869
Aprendiz69.1857.869
Xefe administrativo82.1387.869
Oficial administrativo76.3587.869
Auxiliar administrativo74.4457.869
Telefonista de pedidos74.4457.869
Limpadora497-H7.869

Representante dos traballadores: Manuel Ángel García Ginzo.

Pola empresa: Octavio Cid Guerra.