Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 30 de agosto de 1999 Páx. 10.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO de licitación urxente de subministración mediante concurso con procedemento aberto.

Proxecto: adquisición de colectores de recollida de vidro e papel e igual número.

Tipo de licitación: 2.714.000 ptas.

Partida: 442.625.00.

Prazo de entrega: 45 días.

Clasificación: non se esixe.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: no rexistro xeral do Concello de Boiro, de 9 a 13 horas durante 13 días contados a partir da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Fianza provisional: non se esixe.

Fianza definitiva: 108.560 ptas.

Taxas do contrato: non procede.

Revisión de prezos: non procede. Artigo 104.1º LCAP.

Control de calidade: esixible.

Modelo de proposición:

D/Dª... con enderezo en... rúa... nº... teléfono... con DNI (pasaporte ou documento que o substitúa)..., actuando en nome propio ou en representación de..., e con enderezo no..., teléfono..., toma parte no con

curso para a adxudicación da subministración de..., e para estes efectos fai constar:

1. Que polo prezo de 2.714.000 ptas. ofrece a cantidade de... contedores de vidro e .... contedores de papel.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións.

En... o... de... de 199 .

O licitador (asinado e rubricado).

Modelo de sobre A: «Oferta económica».

Proposición para tomar parte na contratación da subministración de..., presentada por...

En... o... de... de 199 .

O licitador (asinado e rubricado).

Modelo sobre B: «Personalidade xurídica e xustificantes».

Modelo sobre C: «Referencias técnicas».

Expediente: o expediente e pregos de condicións atópanse á disposición dos interesados nas oficinas municipais durante o prazo e horas de presentación de proposicións.

Boiro, 20 de xullo de 1999.

O alcalde

Rubricado