Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 30 de agosto de 1999 Páx. 10.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLEDA DE VALDEORRAS

ANUNCIO de licitación.

Por acordo da Comisión de Goberno con data do 12 de agosto de 1999, aprobouse o expediente de contratación mediante procedemento aberto por poxa e tramitación urxente das obras incluídas no plan provincial de cooperación de 1999 e no fondo de cooperación local de 1999.

1. Obxecto: execución das seguintes obras:

a) Obras incluídas no plan provincial de cooperación de 1999:

-Obra nº: 15/1/99 denominada: beirarrúas e infraestructuras en travesía de Casaio.

-Obra nº: 98/1/99 denominada: pavimentación e abastecemento en Domiz e Viladequinta.

b) Obra incluída no fondo de cooperación local de 1999:

-Obra nº: 317/1 denominada: acceso desde a estrada OUR-122 ó lugar de Derraigadas en Casaio.

2. Orzamento:

-Obra nº: 15/1/99 do plan provincial de 1999 denominada: beirarrúas e infraestructuras en travesía de Casaio: 13.500.000 ptas.

-Obra nº: 98/1/99 do plan provincial de 1999 denominada: pavimentación e abastecemento en Domiz e Viladequinta: 5.625.000 ptas.

-Obra nº: 317/1 do FCL-1999 denominada: acceso desde a travesía OUR-122 ó lugar de Derraigadas en Casaio: 15.259.314 ptas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Forma de adxudicación: procedemento aberto por poxa.

4. Garantía e prazo de execución:

Obra nº: 15/1/99 do plan provincial-1999: beirarrúas e infraestructuras e travesía de Casaio.

-Garantía provisional: 270.000 ptas.

-Garantía definitiva: 540.000 ptas.

-Prazo de execución: 4 meses.

Obra nº: 98/1/99 do plan provincial-1999: pavimentación e abastecimiento en Domiz e Viladequinta:

-Garantía provisional: 112.500 ptas.

-Garantía definitiva: 225.000 ptas.

-Prazo de execución: 3 meses.

Obra nº: 317/1 do FCL-1999: acceso desde a travesía OUR-122 ó lugar de Derraigadas en Casaio:

-Garantía provisional: 305.186 ptas.

-Garantía definitiva: 610.373 ptas.

-Prazo de execución: 4 meses.

5. Requisitos específicos do contratista:

Persoas físicas ou xurídicas.

Clasificación:

Obra nº: 15/1/99-plan provincial-1999: beirarrúas e infraestructuras en travesía de Casaio grupo: G; subgrupo: 6; categoría: C.

Obra nº: 98/1/99-plan provincial-1999: pavimentación e abastecemento en Domiz e Viladequinta: non se esixe.

Obra nº: 317/1-FCL-1999: acceso desde a estrada OUR-122 ó lugar de Derraigadas en Casaio grupo: G; subgrupo: 6; categoría: B.

6. Obtención de documentación e información:

O expediente de contratación e prego de condicións particulares exponse ó público durante catro días desde a súa publicación no BOP. Os interesados poden obte-la información que consideren oportuna na Secretaría do Concello de Carballeda de Valdeorras (Sobradelo). Teléfono: 988 33 50 02; fax: 988 33 53 79.

7. Prazo de presentación de proposicións:

As proposicións, de conformidade co modelo que figura no prego de condicións, presentarase no rexistro xeral do concello ata as 14 horas do décimo terceiro (13º) día natural seguinte ó da última publicación do anuncio no BOP ou no DOG (data da

última publicación), achegando a documentación que se especifica no prego de condicións.

8. Apertura de plicas e proposta de adxudicación:

Terá lugar en acto público no salón de sesións do concello, ás 12 horas do día seguinte hábil (agás sábados) a aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas, formulándose a oportuna proposta de adxudicación.

Carballeda de Valdeorras, 18 de agosto de 1999.

Mª Carmen González Quintela

Alcaldesa