Proxecto: construcción de vías de núcleos de poboación (PIEL 99).
Tipo de licitación: 17.088.663 ptas.
Partida: 511.601.04.
Prazo de execución: catro (4) meses.
Clasificación: non se esixe.
Lugar e prazo de presentación de proposicións: no rexistro xeral do Concello de Boiro, durante o prazo de 13 días naturais a partir da publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG, de 9 a 13 horas.
Fianza provisional: non se esixe.
Fianza definitiva: 683.547 ptas.
Taxas do contrato: non.
Revisión de prezos: non procede.
Control de calidade: esixible.
Apertura de propostas: terá lugar na casa do concello ás dez horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No suposto de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.
Modelo de proposición:
D/Dª... con enderezo en... rúa... nº... teléfono... con DNI (pasaporte ou documento que o substitúa)..., actuando en nome propio ou en representación de...,
DNI ou CIF nº... e con enderezo no lugar..., teléfono..., toma parte no concurso para a adxudicación das obras comprendidas no proxecto..., e para estes efectos fai constar:
1. Que ofrece o prezo de... ptas., IVE incluído, que significa unha baixa de... ptas., en relación co tipo de licitación.
2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións.
En... o... de... de 199 .
O licitador (asinado e rubricado).
Modelo de sobre A: «Oferta económica».
Proposición para tomar parte na contratación das obras ....., presentada por...
En... o... de... de 199 .
O licitador (asinado e rubricado).
Modelo sobre B: «Personalidade xurídica e xustificantes».
Modelo sobre C: «Referencias técnicas».
Expediente: o expediente, proxecto e pregos de condicións atópanse á disposición dos interesados nas oficinas municipais durante o prazo e horas de presentación de proposicións.
Boiro, 20 de xullo de 1999.
O alcalde
Rubricado