Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 30 de agosto de 1999 Páx. 10.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PEROXA

EDICTO.-ANUNCIO de aprobación definitiva do plan xeral de ordenación municipal.

En cumprimento do que dispón o artigo 70.2º da Lei reguladora das bases de réxime local, segundo a redacción dada pola Lei 39/1994, do 30 de decembro, e do artigo 48 da Lei do solo de Galicia, faise pública a aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal, que co quórum que esixe o artigo 47.3º i) da Lei de bases de réxime local e o artigo 215.3º i) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, acordou o Pleno municipal, na súa sesión extraordinaria do 7 de xullo de 1999, recolléndose a continuación a parte dispositiva deste acordo:

Unha vez cumpridas as observacións sinaladas pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e visto o informe (preceptivo e vinculante) da dita consellería, acordouse:

-Prestar aprobación definitiva ó Plan xeral de ordenación municipal da Peroxa (en diante PXOM),

redactado polo equipo dirixido polo arquitecto Manuel Requejo Conde.

-Dar publicidade desde acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP. Así mesmo, deberá publicarse no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas do PXOM da Peroxa, co obxecto de que se produza a entrada en vigor do PXOM aprobado, a cal será efectiva desde a dita publicación no BOP e transcorra o prazo establecido no artigo 70.2º en relación co artigo 65.2º da Lei reguladora das bases de réxime local.

Comunicaráselle este acordo ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, ó tempo que se lle dará traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do Plan xeral de ordenación municipal do aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que integran este, debidamente dilixenciados pola secretaría do concello.

A Peroxa, 8 de xullo de 1999.

Manuel Seoane Rodríguez

Alcalde