Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 30 de agosto de 1999 Páx. 10.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1999 pola que se fai pública a composición da mesa de contratación.

En cumprimento do establecido no artigo 22 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, faise pública a composición da mesa de contratación do Concello da Coruña.

Presidente:

Titular: tenente de alcalde, coordinador da Área de Facenda e Interior.

Suplente: tenente de alcalde, delegado de Contratación.

Vocais:

Secretario xeral do concello ou funcionario en quen delegue.

Interventor xeral ou funcionario en quen delegue.

Adxunto xefe da Área de Interior, xefe de Contratación ou funcionario en quen delegue.

Secretaria:

Xefa da Sección de Contratación, Obras e Asistencias ou funcionario en quen delegue.

A Coruña, 16 de xullo de 1999.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente de alcalde

Delegado de Contratación