Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 26 de agosto de 1999 Páx. 10.651

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE ANÓNIMA PARA O DESENVOLVEMENTO COMARCAL DE GALICIA

ANUNCIO público de convocatoria de prazas.

En cumprimento do establecido na Lei de Galicia 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, e de conformidade co acordo adoptado o día 9 de outubro de 1998, polo Consello de Administración da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, en adiante SDC, convócanse probas de selección para cubrir, baixo a modalidade de contratación laboral ordinaria por tempo indefinido, de acordo coa lexislación vixente, as seguintes prazas:

Ref.Categoría/postoNº praza

S

DestinoTitulación requirida

TPCTécnico de proxectos comarcais1SAArquitecto superior

TEPTécnico de estudios e planificación1SALicenciado ou equivalente.

CTCCoordinador técnico de actividades comarcais1SALicenciado ou equivalente

TXDTécnico xurídico1SALicenciado en dereito

TG1Técnico SIX/desenvolvemento de aplicacións1SALicenciado en informática

TG2Técnico SIX/administrador do sistema1SAEnxeñeiro superior en telecomunicacións

TG3Técnico SIX/teledetección en xeología1SAXeólogo.

TG4Técnico SIX/teledetección en agronomía1SAEnxeñeiro superior agrónomo

TG5Técnico SIX/cartografía temática1SALicenciado en xeografía

TG6Técnico SIX/cartografía e fotogrametría1SAEnxeñeiro técnico en topografía ou enxeñeiro superior en cartografía e xeodexia

OG1Encargado de arquivo fotogramétrico1SABacharelato superior, FP2 ou equivalente

OG2Operador BDM1SABacharelato superior, FP2 ou equivalente

PRIProgramador informático1SADiplomado universitario

Ref.Categoría/postoNº praza

S

DestinoTitulación requirida

TDGTécnico en deseño gráfico1SABacharelato superior, FP 2 ou equivalente

TDCTécnico en deseño gráfico e cartográfico1SABacharelato superior, FP 2 ou equivalente

DT1Director técnico1SALienciado ou equivalente

PROMBPromotor centro comarcal2MABacharelato superior, FP 2 ou equivalente

ECCBEncargado centro comarcal1MABacharelato superior, FP 2 ou equivalente

PROMDPromotor centro comarcal2LABacharelato superior, FP 2 ou equivalente

PROMLPromotor centro comarcal2MLBacharelato superior, FP 2 ou equivalente

ECCLEncargado centro comarcal1MLBacharelato superior, FP 2 ou equivalente

PROMSPromotor centro comarcal2CABacharelato superior, FP 2 ou equivalente

ECCSEncargado centro comarcal1CABacharelato superior, FP 2 ou equivalente

PROMTPromotor centro comarcal2TRBacharelato superior, FP 2 ou equivalente

ECCTEncargado centro comarcal1TRBacharelato superior, FP 2 ou equivalente

PROMTTMPromotor centro comarcal2ESBacharelato superior, FP 2 ou equivalente

ECCTTMEncargado centro comarcal1ESBacharelato superior, FP 2 ou equivalente

TRTTécnico de recursos turísticos1SADiplomado universitario en turismo

SACSupervisor de actividades da rede de centros comarcais1SABacharelato superior, FP 2 ou equivalente

CACCoordinador de actividades da rede de centros comarcais1SALicenciado ou equivalente

EACEncargado área de comunicación1SALicenciado en ciencias da información

SA= Santiago de Compostela.

MA= Malpica de Bergantiños.

LA= Lalín.

ML= Monforte de Lemos.

CA= Cambados.

TR= A Pobra de Trives.

ES= A Estrada.

I. Titulación e requisitos.

Os aspirantes que desexen participar no proceso selectivo deberán de estar en posesión, na data de remate de presentación de solicitudes, da titulación requirida que se esixe para cada praza, conforme se recolle no cadro anterior. Ademais de cumprir con estes requisitos, tódolos aspirantes deberán de te-la nacionalidade dun país membro da Unión Europea e seren maiores de 18 anos.

II. Lugar e prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse de 9 h a 14 h, de luns a venres, nas dependencias da SDC, estrada Santiago de Compostela-Noia, km 3 A Barcia, 15896 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 26 08.

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

III. Comisión de selección.

Para levar a cabo o proceso selectivo constitúese unha comisión única de selección, que estará composta polos seguintes membros:

Presidente: Andrés Precedo Ledo, conselleiro delegado da SDC.

Secretario: José Rodríguez González, letrado da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia.

Vocais:

José Figueroa Dávila, xefe de Acción Comarcal da SDC.

José Mª Soriano Villalba, xefe de Asuntos Económicos e Persoal da SDC.

Rosario Álvarez Cao, xefa de Planificación e Estudios da SDC.

Manuel Gallego Priego, xefe do SITGA, da SDC.

Pablo Bustillo, xefe da Área Comercial da SDC.

IV. Proceso de selección.

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, a Comisión de Selección publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, co motivo da exclusión, se é o caso; establécese un prazo de dez días naturais para que, por petición do interesado, se poida reparar calquera erro que sexa emendable. Esgotado este prazo, publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos ás probas de selección e fixarase o lugar e data de celebración do primeiro exercicio. Os candidatos deberán asistir provistos do DNI. As listas de admitidos e excluídos así como o lugar e data de celebración de cada un dos exercicios publicaranse no taboleiro de anuncios da SDC.

V. Documentación que hai que presentar.

-Fotocopia DNI.

-Currículum vitae, xunto coa documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación requirida.

-Solicitude dirixida ó conselleiro delegado da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, segundo o modelo que se recolle no anexo I.

VI. Contidos/temarios e probas de selección.

Praza: técnico de proxectos comarcais (Ref. TPC).

Coñecementos/temario:

1. Relativos á metodoloxía e contidos do Plan de Desenvolvemento Comarcal: a Lei de desenvolvemento comarcal de Galicia e o Mapa Comarcal de Galicia.

2. Relativos á redacción de estudios de viabilidade técnica, formulación e desenvolvemento de proxectos supramunicipais estratéxicos nas áreas de restauración e rehabilitación do patrimonio arquitectónico, etnográfico e paisaxístico.

3. Relativos á ordenación do territorio.

4. Relativos ós procedementos de contratación de obras e proxectos e á lexislación de aplicación nelas para sociedades e administracions públicas.

5. Lei do solo de Galicia e lexislación urbanística de aplicación.

6. Posuír e acreditar coñecementos de ferramentas informáticas de deseño asistido (CAD) e deseño gráfico.

Exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba tipo test de coñecementos sobre os contidos que se recollen no punto anterior. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Segundo exercicio: proba teórico-práctica sobre os coñecementos que se enumeran no punto anterior. Accederán a este exercicio os candidatos que superen o primeiro. Neste segundo exercicio, os candidatos poderán acadar unha puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario, en todo caso, conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalo.

Praza: técnico de estudios e planificación (Ref. TEP).

Coñecementos/temario:

1. Formas de intervención da Unión Europea para o desenvolvemento rexional.

2. Teoría e práctica do desenvolvemento comarcal: o Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

3. Estructura e organización territorial de Galicia.

4. Estructura económica e social de Galicia.

5. Teoría e metodoloxía da planificación estratéxica.

6. Metodoloxía dos procesos de desenvolvemento.

7. Dinámica do desenvolvemento e fases da planificación estratéxica.

8. Domino do inglés, francés (falado e escrito a nivel medio).

9. Modelos aplicados de desenvolvemento territorial: análise de casos.

Exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba tipo test de coñecementos sobre os contidos que se recollen no punto anterior. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Segundo exercicio: proba teórico-práctica sobre os coñecementos que se enumeran no punto anterior. Accederán a este exercicio os candidatos que superen o primeiro. Neste segundo exercicio, os candidatos poderán acadar unha puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario, en todo caso, conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalo.

Praza: coordinador técnico de actividades comarcais (Ref. CTC).

Coñecementos/temario:

1. As regulacions e normativas legais que afectan o modelo galego de desenvolvemento comarcal.

2. Marco legal sobre fundacións de interese galego e de institucións sen finalidade de lucro.

3. Xestión de programas e de iniciativas comunitarias.

4. Formas de intervención da Unión Europea para o desenvolvemento rexional e local.

5. Teoría e práctica do desenvolvemento local.

6. Teoría e práctica do desenvolvemento comarcal: o Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

7. Programación e organización de actividades de formación e dinamización.

8. Seguemento e avaliación de programas e actividades de desenvolvemento.

9. Recursos e axentes para o desenvolvemento local e comarcal.

10. A coordinación das accións de desenvolvemento.

Exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba tipo test de coñecementos sobre os contidos que se recollen no punto anterior. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Segundo exercicio: proba teórico-práctica sobre os coñecementos que se enumeran no punto anterior. Accederán a este exercicio os candidatos que superen o primeiro. Neste segundo exercicio, os candidatos poderán acadar unha puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario, en todo caso, conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalo.

Praza: técnico xurídico (Ref. TXD).

Coñecementos/temario:

1. O Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia: normativa legal, teoría e práctica.

2. Tramitación e xestión de expedientes administrativos. Lei de procedemento administrativo común.

3. Normativa e regulamento das fundacións de interese galego.

4. Lei de fundacións e de incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral.

5. Aplicación da normativa legal sobre sociedades anónimas.

6. Lei de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritiaria a Xunta de Galicia en materia de retribución de persoal e contratación.

7. Normativa legal vixente en materia de contratación de persoal. Modalidades contractuais vixentes.

8. Réxime xurídico de contratación das administracións públicas.

9. Lei de réxime financieiro e orzamentario de Galicia.

10. Normativa contractual civil e mercantil.

11. Regulacion legal da propiedade industrial e comercial.

12. Lei da función pública de Galicia.

Exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba tipo test de coñecementos sobre os contidos que se recollen no punto anterior. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Segundo exercicio: proba teórico-práctica sobre os coñecementos que se enumeran no punto anterior. Accederán a este exercicio os candidatos que superen o primeiro. Neste segundo exercicio, os candidatos poderán acadar unha puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario, en todo caso, conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalo.

Praza: técnico SIX/desenvolvemento de aplicacións (Ref. TG1).

Coñecementos/temario:

1. Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

2. Desenvolvemento e programación de aplicacións en sistemas de información xeográfica (SIX).

3. Cartografía.

4. Deseño, xestión e desenvolvemento de aplicacións SIX.

5. Xestión e mantemento de bases de datos. Oracle e Microsoft Access.

6. Programación nas linguaxes C e Visual Basic.

7. Instalación e mantemento de equipos informáticos con sistemas operativos UNIX, Windows NT e MS-DOS.

8. Dominio dos seguintes programas:-MicroStation SE v 5.7-MGE Basic Nucleus v 7.0-MGE Basic Administrator v 7.0-MGE Base Mapper v 7.0-MGE Analyst v 7.0-MGE Grid Analyst v 6.0-MGE Segment Manager v 7.0-Geomedia v 2.0-ArcView v 3.0-MGE Map Finisher v 7.0-Image Analyst 7.0-I/RASC v 7.0-Dynamo v 1.3-InterPlot

Exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba de coñecementos sobre os contidos que se recollen no punto anterior. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Segundo exercicio: proba teórico-práctica sobre os coñecementos que se enumeran no punto anterior. Accederán a este exercicio os candidatos que superen o primeiro. Neste segundo exercicio, os candidatos poderán acadar unha puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario, en todo caso, conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalo.

Praza: técnico SIX/administrador do sistema (Ref. TG2).

Coñecementos/temario:

1. Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

2. Administración de sistemas de información xeográfica (SIX).

3. Xestión de redes informáticas e comunicacións.

4. Cartografía.

5. Deseño, xestión e desenvolvemento de aplicacións en SIX.

6. Xestión e mantemento de bases de datos. Oracle e Microsoft Access.

7. Programación na linguaxes Visual Basic e Avenue.

8. Instalación e mantemento de equipos informáticos con sistemas operativos UNIX, Windows NT e MS-DOS.

9. Dominio dos seguintes programas:-MicroStation SE v 5.7-MGE Basic Nucleus v 7.0-MGE Basic Administrator v 7.0-MGE Base Mapper v 7.0-MGE Analyst v 7.0-MGE Grid Analyst v 6.0-MGE Segment Manager v 7.0-Geomedia v 2.0-ArcView v 3.0-MGE Map Finisher v 7.0-Image Analyst 7.0-I/RASC v 7.0-Dynamo v 1.3-InterPlot

Exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba tipo test de coñecementos sobre os contidos que se recollen no punto anterior. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Segundo exercicio: proba teórico-práctica sobre os coñecementos que se enumeran no punto anterior. Accederán a este exercicio os candidatos que superen o primeiro. Neste segundo exercicio, os candidatos poderán acadar unha puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario, en todo caso, conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalo.

Praza: técnico SIX/teledetección en xeoloxía (Ref. TG3).

Coñecementos/temario:

1. Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

2. Teledetección.

3. Cartografía.

4. Gestión e desenvolvemento de aplicacións en sistemas de información xeográfica (SIX).

5. Cartografía de usos e coberturas do solo: unidades xeolóxicas.

6. Fotointerpretación xeolóxica e elaboración de cartografía de rochas e unidades de interese xeolóxico.

7. Xeología estructural mediante teledetección.

8. Técnicas de análise de reflectancia espectral.

9. Tratamento dixital de imaxes cos seguintes programas:-Er-Mapper v 6.0-Image Analyst 7.0-Ilwis v 1.4-Imagestation Imager-2 v 5.6-Base Rectifier v 2.0-Imagestation Image Rectifier v 5.4

10. Dominio dos seguintes programas:-MicroStation SE v 5.7-MGE Basic Nucleus v 7.0-MGE Base Mapper v 7.0

-MGE Analyst v 7.0-MGE Grid Analyst v 6.0-MGE Map Finisher v 7.0-I/RASC v 7.0

11. Sistemas operativos UNIX, Windows NT e MS-DOS, a nivel de usuario.

Exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba tipo test de coñecementos sobre os contidos que se recollen no punto anterior. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Segundo exercicio: proba teórico-práctica sobre os coñecementos que se enumeran no punto anterior. Accederán a este exercicio os candidatos que superen o primeiro. Neste segundo exercicio, os candidatos poderán acadar unha puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario, en todo caso, conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalo.

Praza: técnico SIX/teledetección en agronomía (Ref. TG4).

Coñecementos/temario:

1. Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

2. Teledetección.

3. Cartografía.

4. Xestión e desenvolvemento de aplicacións en sistemas de información xeográfica (SIX).

5. Cartografía de usos e coberturas do solo: unidades agroambientais.

6. Metodoloxías e técnicas de elaboración de estatística agraria.

7. Técnicas de mostraxes e deseño de campañas de campo para a recollida de datos agrarios.

8. Manexo de programas informáticos de estatística:-SPSS/PC v 8.0-Statgraphics

9. Tratamento dixital de imaxes cos seguintes programas:-Er-Mapper v 6.0-Image Analyst 7.0-Ilwis v 1.4-Imagestation Imager-2 v 5.6-Base Rectifier v 2.0-Imagestation Image Rectifier v 5.4

10. Dominio dos seguintes programas:-Microstation SE v 5.7-MGE Basic Nucleus v 7.0-MGE Base Mapper v 7.0-MGE Analyst v 7.0-MGE Grid Analyst v 6.0-MGE Map Finisher v 7.0-I/RASC v 7.0

11. Sistemas operativos UNIX, Windows NT e MS-DOS, a nivel de usuario.

Exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba tipo test de coñecementos sobre os contidos que se recollen no punto anterior. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Segundo exercicio: proba teórico-práctica sobre os coñecementos que se enumeran no punto anterior. Accederán a este exercicio os candidatos que superen o primeiro. Neste segundo exercicio, os candidatos poderán acadar unha puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario, en todo caso, conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalo.

Praza: técnico SIX/cartografía temática (Ref. TG5).

Coñecementos/temario:

1. Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

2. Técnicas cartográficas.

3. Análise e xestión de bases de datos socioeconómicos, e obtención de cartografía temática a partir deles.

4. Teledetección.

5. Deseño, xestión e desenvolvemento de aplicacións en sistemas de información xeográfica (SIX).

6. Preparación e edición de cartografía para a súa publicación.

7. Coñecemento e manexo dos seguintes programas:-Map Publisher v 6.1-MGE Map Finisher v 7.0-Adobe Photoshop v 5.0-Macromedia FreeHand v 8.0-MicroStation SE v 5.7-MGE Basic Nucleus v 7.0-MGE Base Mapper v 7.0-MGE Analyst v 7.0-MGE Grid Analyst v 6.0-Image Analyst 7.0-Base Rectifier v 2.0-I/RASC v 7.0

8. Sistemas operativos UNIX, Windows NT e MS-DOS, a nivel de usuario.

Exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba tipo test de coñecementos sobre os contidos que se recollen no punto anterior. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Segundo exercicio: proba teórico-práctica sobre os coñecementos que se enumeran no punto anterior. Accederán a este exercicio os candidatos que superen o primeiro. Neste segundo exercicio, os can

didatos poderán acadar unha puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario, en todo caso, conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalo.

Praza: técnico SIX/cartografía e fotogrametría (Ref. TG6).

Coñecementos/temario:

1. Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

2. Técnicas cartográficas.

3. Fotogrametría.

4. Teledetección.

5. Elaboración de ortofotomapas.

6. Deseño, xestión e desenvolvemento de aplicacións en sistemas de información xeográfica (SIX).

7. Técnicas de xestión de modelos de elevación do terreo.

8. Preparación e edición de cartografía para a súa publicación.

9. Coñecementos dos seguintes programas:-Map Publisher v 6.1-MGE Map Finisher v 7.0-Adobe Photoshop v 5.0-Macromedia FreeHand v 8.0-MicroStation SE v 5.7-MGE Basic Nucleus v 7.0-MGE Base Mapper v 7.0-MGE Analyst v 7.0-MGE Grid Analyst v 6.0-MGE Terrain Analyst v 7.0-Base Rectifier v 2.0-I/RASC v 7.0

10. Sistemas operativos UNIX, Windows NT e MS-DOS, a nivel de usuario.

Exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba tipo test de coñecementos sobre os contidos que se recollen no punto anterior. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Segundo exercicio: proba teórico-práctica sobre os coñecementos que se enumeran no punto anterior. Accederán a este exercicio os candidatos que superen o primeiro. Neste segundo exercicio, os candidatos poderán acadar unha puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario, en todo caso, conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalo.

Praza: encargado de arquivo fotogramétrico (Ref. OG1).

Coñecementos/temario:

1. Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

2. Cartografía.

3. Almacenamento e xestión de arquivos fotogramétricos.

4. Fotogrametría e técnicas fotográficas a nivel básico.

5. Manipulación de máquinas de reprografía.

6. Dominio dos seguintes programas para a edición de cartografía e imaxes:-Adobe Photoshop v 5.0-Macromedia FreeHand v 8.0-MicroStation SE v 5.7

7. Sistemas operativos UNIX, Windows NT e MS-DOS, a nivel de usuario.

Exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba tipo test de coñecementos sobre os contidos que se recollen no punto anterior. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Segundo exercicio: proba teórico-práctica sobre os coñecementos que se enumeran no punto anterior. Accederán a este exercicio os candidatos que superen o primeiro. Neste segundo exercicio, os candidatos poderán acadar unha puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario, en todo caso, conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalo.

Praza: operador BDM (Ref. OG2).

Coñecementos/temario:

1. Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

2. Aspectos demográficos e socioeconómicos básicos.

3. Xestión e mantenento de bases de datos. Oracle e Microsoft Access.

4. Cartografía.

5. Desenvolvemento de aplicacións en sistemas de información xeográfica (SIX).

6. Programación a nivel básico en Microsoft Visual Basic, Microsoft Excel e Microsoft Access.

7. Dominio dos seguintes programas:-Microsoft Access 97-Microsoft Excel 97-Harvard Graphics 3.3-Adobe Photoshop v 5.0-Macromedia FreeHand v 8.0-MicroStation SE v 5.7-Corel Draw v 8.0

8. Sistemas operativos UNIX, Windows NT y MS-DOS, a nivel de usuario.

Exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba tipo test de coñecementos sobre os contidos que se recollen no punto anterior. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Segundo exercicio: proba teórico-práctica sobre os coñecementos que se enumeran no punto anterior. Accederán a este exercicio os candidatos que superen o primeiro. Neste segundo exercicio, os candidatos poderán acadar unha puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario, en todo caso, conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalo.

Praza: programador informático (Ref. PRI).

Coñecementos/temario:

1. O Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia: teoría e práctica.

2. Programación de HTML, JAVA y JAVA SCRIT.

3. Programación en VISUAL BASIC v. 5.0 ou superior.

4. Dominio de editores de páxinas WEB (Golive v.3 ou superior, Microsoft Frontpage 98).

5. Xestión de Servidores Web.

6. Dominio do contorno Windows NT v. 4 ou superior.

7. Dominio do contorno Macintosh.

8. Deseño de aplicacións multimedia.

Exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba tipo test de coñecementos sobre os contidos que se recollen no punto anterior. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Segundo exercicio: proba teórico-práctica sobre os coñecementos que se enumeran no punto anterior. Accederán a este exercicio os candidatos que superen o primeiro. Neste segundo exercicio, os candidatos poderán acadar unha puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario, en todo caso, conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalo.

Praza: técnico en deseño gráfico (Ref. TDG).

Coñecementos/temario:

1. O Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia: teoría e práctica.

2. Dominio das técnicas de deseño gráfico, imaxe corporativa, retoque fotográfico, deseño de páxinas en Internet.

3. Dominio de Quark Xpress v.4.

4. Dominio Illustrator v.8.

5. Amplio manexo de Photoshop v.5.

6. Manexo de Deltagraph v.3.5.

7. As técnicas de preimpresión, o proceso do deseño de publicacións, o papel, a cor, a filmación, a impresión, a dixitalización, formatos de transferencia de arquivos, o proceso do deseño de publicacións, e normativa legal sobre as publicacións.

Exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba tipo test de coñecementos sobre os contidos que se recollen no punto anterior. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Segundo exercicio: proba teórico-práctica sobre os coñecementos que se enumeran no punto anterior. Accederán a este exercicio os candidatos que superen o primeiro. Neste segundo exercicio, os candidatos poderán acadar unha puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario, en todo caso, conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalo.

Praza: técnico en deseño gráfico e cartográfico (Ref. TDC).

Coñecementos/temario:

1. O Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia: teoría e práctica.

2. Dominio das técnicas de deseño cartográfico, técnicas de representación e a súa simboloxía.

3. Dominio de FreeHand v.8.

4. Dominio Illustrator v.8.

5. Dominio de Microstation SE.

6. Amplo manexo de Photoshop v.5.

7. Coñecemento de deseño gráfico, transferencias de arquivos, a dixitalización, as técnicas de preimpresión, o proceso do deseño de publicacións, o papel, a cor, a filmación, a impresión, a dixitalización, e a normativa legal sobre as publicacións.

Exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba tipo test de coñecementos sobre os contidos que se recollen no punto anterior. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Segundo exercicio: proba teórico-práctica sobre os coñecementos que se enumeran no punto anterior. Accederán a este exercicio os candidatos que superen o primeiro. Neste segundo exercicio, os candidatos poderán acadar unha puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario, en todo caso, conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalo.

Praza: director técnico (Ref. DT1).

Coñecementos/temario:

1. O Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia: normativa legal, teoría e práctica.

2. Tramitación e xestión de expedientes administrativos.

3. Coordinación de proxectos técnicos e constructivos.

4. Coordinación dos plans comarcais.

5. Normativa e regulación das fundacións de interese galego.

6. Coñecementos da Lei de fundacións e de incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral.

7. Normativa reguladora das organizacións non gobernamentais.

8. Aplicación da normativa legal sobre sociedades anónimas.

9. Lei de orzamentos xerais da comunidade autónoma.

10. Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

11. Lei de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia en materia de persoal e contratación.

12. O Parlamento de Galicia: as obrigas regulamentarias das sociedadades fronte ó Parlamento.

13. O Goberno de Galicia: os seus departamentos e o reparto competencial.

14. O Consello de Contas, o Consello Económico e Social e o Valedor do Pobo.

15. Europa: estructura territorial e organización política e administrativa.

16. As institucións europeas e o seu funcionamento.

17. Planificación e organización empresarial.

18. Idiomas: inglés e francés.

Exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba tipo test de coñecementos sobre os contidos que se recollen no punto anterior. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Segundo exercicio: proba teórico-práctica sobre os coñecementos que se enumeran no punto anterior. Accederán a este exercicio os candidatos que superen o primeiro. Neste segundo exercicio, os candidatos poderán acadar unha puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario, en todo caso, conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalo.

Prazas: promotores centros comarcais (Ref. PROMB, PROMD, PROML, PROMS, PROMT, PROMTTM).

Coñecementos/temario:

1. Cultura xeral.

2. Características xerais do Plan de Desenvolvemento Comarcal e a súa implantación.

3. Coñecementos xerais das comarcas de Bergantiños, Terra de Lemos, Deza,Tabeirós-Terra de Montes, Terra de Trives e O Salnés.

4. Recursos turísticos das comarcas de Bergantiños, Terra de Lemos, Deza, Tabeirós-Terra de Montes, Terra de Trives e O Salnés.

5. Actividades de promoción e desenvolvemento comarcal.

6. Organización de actos de promoción.

Exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba tipo test de coñecementos sobre os contidos que se recollen no punto anterior. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Segundo exercicio: proba teórico-práctica sobre os coñecementos que se enumeran no punto anterior. Accederán a este exercicio os candidatos que superen o primeiro. Neste segundo exercicio, os candidatos poderán acadar unha puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario, en todo caso, conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalo.

Prazas: encargados centros comarcais (Ref. ECCB, ECCL, ECCS, ECCT, ECCTTM).

Coñecementos/temario:

1. Cultura xeral.

2. Características xerais do Plan de Desenvolvemento Comarcal e a súa implantación.

3. Coñecementos xerais das comarcas de Bergantiños, Terra de Lemos, Deza, Tabeirós-Terra de Montes, Terra de Trives e O Salnés.

4. Protocolo. Organización de actos públicos oficiais e a súa precedencia.

5. Execución de actividades de promoción e desenvolvemento comarcal.

6. Organización de actos de promoción.

Exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba tipo test de coñecementos sobre os contidos que se recollen no apartado anterior. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Segundo exercicio: proba teórico-práctica sobre os coñecementos que se enumeran no punto anterior. Accederán a este exercicio os candidatos que superen o primeiro. Neste segundo exercicio, os candidatos poderán acadar unha puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario, en todo caso, conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalo.

Praza: supervisor de actividades da rede de centros comarcais (Ref. SAC).

Coñecementos/temario:

1. Características xerais do Plan de Desenvolvemento Comarcal e a súa implantación.

2. Coñecementos xerais das comarcas nas que está implantada a Rede de Centros Comarcais de Galicia.

3. A Rede de Centros Comarcais de Galicia.

4. Protocolo e organización de actos. A normativa legal sobre protocolo.

5. Actividades de promoción e dinamización do desenvolvemento comarcal.

Exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba tipo test de coñecementos sobre os contidos que se recollen no punto anterior. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Segundo exercicio: proba teórico-práctica sobre os coñecementos que se enumeran no punto anterior. Accederán a este exercicio os candidatos que superen o primeiro. Neste segundo exercicio, os candidatos poderán acadar unha puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario, en todo caso, conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalo.

Praza: coordinador de actividades da rede de centros comarcais (Ref. CAC).

Coñecementos/temario:

1. Características xerais do Plan de Desenvolvemento Comarcal e a súa implantación.

2. Organización e estructura comarcal de Galicia.

3. Coñecementos xerais das comarcas nas que está implantado o Plan de Desenvolvemento Comarcal para a elaboración de proxectos expositivos.

4. A Rede de Centros Comarcais de Galicia.

5. A organización feiral en Galicia.

6. A normativa legal do sector feiral en Galicia.

7. Coordinación de actos: o protocolo e a normativa legal que o regula.

8. Mercadotecnica para a promoción comarcal.

9. Organización e planificación de actividades de promoción comarcal.

10. Coñecementos de informática a nivel usuario.

Exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba tipo test de coñecementos sobre os contidos que se recollen no punto anterior. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Segundo exercicio: proba teórico-práctica sobre os coñecementos que se enumeran no punto anterior. Accederán a este exercicio os candidatos que superen o primeiro. Neste segundo exercicio, os candidatos poderán acadar unha puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario, en todo caso, conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalo.

Praza: técnico de recursos turísticos (Ref. TRT).

Coñecementos/temario:

1. Características xerais do Plan de Desenvolvemento Comarcal e a súa implantación.

2. Coñecementos xerais das comarcas nas que está implantado o Plan de Desenvolvemento Comarcal.

3. Recursos turísticos das comarcas nas que está implantado o Plan de Desenvolvemento Comarcal.

4. Mercadotecnica turística.

5. Técnicas de programación de itinerarios turísticos.

6. Turismo rural en Galicia, a sua organización e estructura.

7. Coordinación e promoción de actividades turísticas.

8. Recursos e itinerarios turísticos de Galicia.

9. Idiomas: inglés e francés de nivel medio.

10. Informática a nivel usuario.

Exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba tipo test de coñecementos sobre os contidos que se recollen no punto anterior. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Segundo exercicio: proba teórico-práctica sobre os coñecementos que se enumeran no apartado anterior. Accederán a este exercicio os candidatos que superen o primeiro. Neste segundo exercicio, os candidatos poderán acadar unha puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario, en todo caso, conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalo.

Praza: encargado área de comunicicación (Ref. EAC).

Coñecementos/temario:

1. Teoría e práctica do Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

2. A organización e xestión dunha área de comunicación dunha empresa.

3. A construcción da comunicación empresarial. O plan de comunicación.

4. A prensa diaria en Galicia.

5. A radiodifusión en Galicia.

6. O desenvolvemento e influencia da TV en Galicia.

7. Os medios de comunicación locais e comarcais en Galicia.

8. A documentación no ámbito dos medios de información.

9. A prensa gratuíta.

10. A publicidade e o seu regulamento xurídico.

Exercicios:

a) Primeiro exercicio: proba tipo test de coñecementos sobre os contidos que se recollen no apartado anterior. A puntuación máxima que se poderá acadar nesta proba é de 10 puntos. Os candidatos que non acaden a puntuación de 5 puntos nesta proba quedarán automaticamente eliminados.

b) Segundo exercicio: proba teórico-práctica sobre os coñecementos que se enumeran no apartado anterior. Accederán a este exercicio os candidatos que superen o primeiro. Neste segundo exercicio, os candidatos poderán acadar unha puntuación máxima de 10 puntos, sendo necesario, en todo caso, conseguir unha puntuación mínima de 5 puntos para aprobalo.

Unha vez valorados cada un dos exercicios anteriores, a Comisión de Selección publicará no taboleiro de anuncios da SDC as puntuacións acadadas por cada candidato, así como os resultados definitivos con indicación expresa do candidato seleccionado para ocupar cada praza.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1999.

Andrés Precedo Ledo

Conselleiro delegado da Sociedade Anónima

para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia

ANEXO I

D./Dna.... con DNI..., en virtude do anuncio da convocatoria de prazas da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, publicado no DOG nº..., con data...

SOLICITA:

Participar no proceso selectivo para cubrir unha praza de..., con referencia.... Para tal fin adxúntase documentación conforme o establecido no citado anuncio.

Santiago de Compostela, ...de... de 1999.

Asdo.: ...

Conselleiro delegado da Sociedade Anónima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia