Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 26 de agosto de 1999 Páx. 10.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

RELACIÓN de obras do plan Interreg e plans provinciais.

No BOP de Ourense do día da data publícanse íntegros os pregos de condicións para contratación das obras que se relacionan, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 13º día natural seguinte ó da publicación deste anunio no DOG, no rexistro xeral da Deputación de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo Provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa do Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Relación de obras mediante concurso:

Nº e plan/denominación/concello/prazo execución/clasificación/orzamento.

-5/I/99/Estr. Xinzo-Os Blancos-C. de Randín-F. de Portugal/C. de Randín e A Porqueira/3 meses/G.4.d/24.263.815 ptas.

-17/I/98 e 17/99/Estr. Xinzo-Cualedro-A Xironda-F. de Portugal (travesía de Lucenza) (comprende dúas fases por importe de 36.518.040 e 44.490.450 ptas. respectivamente, pero a licitación é pola totalidade das dúas)Cualedro/5 meses/A.e.c. e G4d/81.008.490 ptas.

-18/I/99/Estr. Xinzo-Cualedro-A Xironda-F. de Portugal/Cualedro/5 meses/G.4.d./56.587.146 ptas.

-20/I/99/Estr. Bande Lobeira-Entrimo-F. de Portugal/Entrimo/5 meses/-/16.666.667 ptas.

Relación de obras mediante poxa:

Nº e plan/denominación/concello/prazo execución/clasificación/orzamento.

100/PB/99/Saneamento en Aldea do Muíño/Rairiz de Veiga/3 meses/-/5.625.000 ptas.

497/POL/99(RVL)/C.V. 25 Portoalto-Sarreaus/X. de Limia/3 meses/G.4.d./40.000.000 de ptas.

515/POL/99(RVL)/C.V. 11 Leboreiro-Montederramo/Montederramo/6 meses/A.2.b; G.4.c/48.970.000 ptas.

Ourense, 16 de agosto de 1999.

O presidente

Rubricado