Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 26 de agosto de 1999 Páx. 10.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na súa sesión celebrada o día trinta de xullo de mil novecentos noventa e nove, adoptou, entre outros o acordo de aprobación definitiva do proxecto de modificación parcial de estudio de detalle para ordenación de volumes na Avda. Ramón Canosa de Viveiro (A2), redactado polo arquitecto Gonzalo J. Fernández López e promovido por Andrés López Blanco, S.L.

O que se fai público para xeral coñecemento para os efectos oportunos.

Viveiro, 13 de agosto de 1999.

Xusto Vázquez Chao

Alcalde accidental