Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 26 de agosto de 1999 Páx. 10.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de urbanización de vías na avenida de Madrid, 197. (Expediente 4105/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do día 18 de xuño de 1999, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización de vías na Avda. de Madrid, 197, presentado pola entidade Troncalva, S.L., redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos, Alberto Moreno García, e visado polo colexio oficial con datas 30 de xuño e 27 de novembro de 1998 e 4 de maio de 1999.

Este anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 12 de xullo de 1999.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo