Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 26 de agosto de 1999 Páx. 10.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na sesión do 30-7-1999, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudio de detalle do convenio C.01 do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Verín, que promoveron os herdeiros de José Alonso Castro.

O que se comunica para xeral coñecemento, significando que contra o anterior acordo cabe interpó-lo recurso de reposición ante o Pleno no prazo

dun mes, ou ben acudir directamente á vía xudicial interpondo o recurso contencioso-administrativo perante a sala competente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses, sen que caiba simultanear ámbolos dous recursos. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, se é o caso, caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo.

Os prazos que se sinalaron computaranse a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Poderán interpór calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mª Corona Meixeira Romasanta

Alcaldesa en funcións