Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 26 de agosto de 1999 Páx. 10.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO de contratación.

Obxecto: a contratación mediante concurso da obra de Plan de aforro enerxético 1999.

Duración do contrato: un mes.

Tipo de licitación: 19.885.439 ptas.

Prego de condicións: poderá ser examinado na secretaría do concello.

Garantías: provisional, 397.709 ptas. Definitiva, o 4% do prezo de adxudicación.

Presentación de plicas: durante os trece días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio.

Proposicións: sobre A denominado Proposición económica para optar ó concurso da obra de Plan de aforro enerxético 1999, xuntando a oferta económica. Sobre B denominado Documentos, que conterá: empresario individual: copia do DNI, se se actúa por representación copia do poder. Resgardo da fianza provisional. Declaración de non estar incurso en causa de incapacidade. Melloras ofrecidas en maior número das obras ofertadas sobre as establecidas no proxecto. Relación das obras realizadas para este concello nos 5 últimos anos. Informes ou referencias sobre a solvencia económica do licitador e modelo e prezo dos materiais ofertados.

Os gastos derivados da publicaicón deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Teo, 16 de agosto de 1999.

Armando Blanco Martínez

Alcalde