Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 26 de agosto de 1999 Páx. 10.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia faise público que por resolución da Alcaldía do 18 de agosto de 1999 foi aprobado inicialmente o proxecto de urbanización presentado pola xunta de compensación do polígono urbanístico comprendido entre a praza de España e a rúa Buenos Aires para o dito polígono.

Durante o prazo dun mes contado desde o seguinte ó da publicación deste anuncio as persoas interesadas poderán examina-lo expediente nas oficinas municipais e presentar, se é o caso, as alegacións que consideren convenientes.

Ribadeo, 18 de agosto de 1999.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde