Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 26 de agosto de 1999 Páx. 10.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por Decreto da Alcaldía número 4546/1999, do 6 de agosto, aprobouse o expediente de contratación por medio de poxa e procedemento aberto, para a venda de 17 parcelas no ámbito do SUNP D-15-R, Romardeiro-Liáns, término municipal de Oleiros (A Coruña).

As parcelas que se poxan son as seguintes:

ParcelaSuperficieTipo licitaciónFianza

Z-6.2701,209.090.001363.600

Z-6.36238.654.490346.180

Z-6.4634,258.717.144348.686

Z-6.5634,258.717.144348.686

Z-6.66058.554.244342.170

Z-6.7558,508.295.277331.811

Z-6.8576,208.393.851335.754

Z-6.97029.044.457363.778

Z-6.10715,509.169.641366.786

Z-6.118279.790.607391.624

Z-6.12611,208.588.773343.551

Z-6.136148.604.367344.175

Z-6.14579,508.412.230336.489

Z-6.15623,508.657.275346.291

Z-6.16647,108.788.708351.548

Z-6.17700,509.086.103363.444

Z-6.216758.944.088357.764

Características comúns a tódalas parcelas:

Uso: residencial, vivenda unifamiliar.

Edificabilidade: 244,90 m.

Altura: B+1=6,50 m.

Nº vivendas: 1.

Cota entidade de conservación: 0,476%.

Vinculación: vincúlase a esta parcela o 0,476% da parcela para instalacións xerais do polígono (Z-10).

Cargas: libre de cargas e gravames, salvo a súa indicada cota na entidade de conservación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares poderanse recoller na secretaría xeral do Concello de Oleiros, de 9 a 13 horas.

O prazo de presentación de ofertas: 26 días naturais contados desde o día seguinte ó que apareza publicado anuncio no BOP.

Oleiros, 10 de agosto de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta