Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 26 de agosto de 1999 Páx. 10.649

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MANZANEDA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Manzaneda.

2. Obxecto do contrato: execución das obras.

-Abastecemento de augas A Corredoira (núcleo alto), PIEL 1999.

-Beirarrúas e iluminación, rúa Pozo, segunda fase, nº 37/PB/99 no concello de Manzaneda, prazo: catro meses.

3. Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 13.711.598 ptas.; 8.270.000 ptas., respectivamente.

5. Garantías: provisional: 2%.

Definitiva: 4%.

6. Obtención de información e documentación: Concello de Manzaneda, rúa Cabarca, nº 10, 32781 Manzaneda. Teléfono: 988 33 30 43, fax: 988 33 30 48.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación non requirida.

8. Presentación de proposicións: no Concello de Manzaneda (Ourense) durante os trece días naturais desde o seguinte ó de publicación do presente anuncio no último boletín no que apareza (DOG ou BOP) de 9 a 14 de luns a venres, no rexistro xeral do concello ou na forma sinalada na cláusula 10.1 do prego de condicións.

B) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de dous sobres pechados, A denominado Proposicións e B, denominado Documentación para o concurso, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula IX do prego de condicións particulares.

9. Apertura das ofertas: ás 13 horas do primeiro día hábil seguinte á finalización do prazo para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncio: por conta do adxudicatario.

11. Modelo de proposición contido no prego de condicións, así como no anuncio do BOP de Ourense, onde consta maior información.

Manzaneda, 2 de agosto de 1999.

José Hervella Carrera

Alcalde