Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 26 de agosto de 1999 Páx. 10.648

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, con data do 10 de agosto de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de execución número 19 das normas subsidiarias municipais sita no Temple, promovido por Promotora de Viviendas Lodeiro, S.L., e redactado polo arquitecto Fermín Corrochano Casares.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes. O expediente poderá ser consultado na Unidade Xurídica de Urbanismo e Persoal deste concello.

Cambre, 17 de agosto de 1999.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde