Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 26 de agosto de 1999 Páx. 10.641

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (1/1999).

Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño:

Que neste xulgado se seguen autos de executoria 138/1999, dimanantes do xuízo de faltas 1/1999, por furto, nos que no día de hoxe se dictou providencia que ten como teor literal o seguinte:

En Santiago de Compostela o sete de xullo de mil novecentos noventa e nove.

Non téndose interposto recurso ningún contra a anterior sentencia, declárase esta firme de dereito. Incóese a correspondente executoria e sendo a dita sentencia condenatoria, procédase a ela firme de dereito.

Incóese a correspondente executoria e sendo a dita sentencia condenatoria, procédase ó seu cumprimento para o cal, encontrándose o condenado en paradoiro descoñecido, requírase a Ángel Manuel Bustos Casais, por medio da publicación da correspondente cédula no Diario Oficial de Galicia, co fin de que no improrrogable prazo de oito días acredite ter ingresado na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta na oficina principal do Banco Bilbao Vizcaya desta cidade co número 1500/78/138/1999, a cantidade de 15.000 pesetas en concepto de multa, suma resultante da pena de multa dun mes imposta en sentencia firme, á que se lle fixou a cota diaria da dita pena na cantidade de 500 pesetas, baixo apercibimento, no caso de non verificalo, de cumprir un día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas.

E para que así conste e lle sirva de requirimento ó condenado Ángel Manuel Bustos Casais, o cal se atopa en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o sete de xullo de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria xudicial

Rubricado