Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 26 de agosto de 1999 Páx. 10.641

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (47/1999).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico:

Que neste xulgado do meu cargo e baixo o número 47/1999, se segue xuízo de faltas sobre desobediencia no cal se dictou a sentencia que contén o seguinte encabezamento e decisión:

Sentencia en Santiago de Compostela, o dezaseis de xuño de mil novecentos noventa e nove.

Vistos por Rosa Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do seu partido, os presentes autos de xuízo de faltas número 47/1999, seguidos por furto, sendo parte denunciante Juan Ramón Gallastegui Otero, María Luisa Cal Teba e Manuel López Ribadulla Lama, maiores de idade; aparecendo como parte denunciada Fernando Manuel Alegría Magalhâes, maior de idade; o Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido que debo condenar e condeno a Fernando Manuel Alegría Magalhâes, como autor responsable dunha falta de furto do artigo 623º do Código Penal, á pena de multa de dous meses, a razón de 500 ptas./día, con arresto substitutorio dun día de privación de libertade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en arrestos de fin de semana; así mesmo, corresponde facer entrega a Mª Luisa Cal Teba, da cantidade de 2.535 ptas. que constan en autos; así mesmo, deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para que conste, para os efectos que procedan e para que lle sirva de notificación en forma ó denunciante en ignorado paradoiro Fernando Manuel Alegría Magalhâes, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o sete de xullo de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado