Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 26 de agosto de 1999 Páx. 10.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 5 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación do expediente sancionador OU 99/99P, por infracción da Lei de pesca fluvial (pesca-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que nos anexos se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (Diario Oficial de Galicia nº 151, do 5-8) e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (Diario Oficial de Galicia nº 106, do 4-6).

Noméase instructora do expediente a Miriam López Areal, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa, e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 5 de xullo de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

-Expediente: OU 99/99P.-Denunciado: Aurelio Rodríguez Borrajo.-DNI: 34.725.691.-Último enderezo coñecido: Travesía de Vigo, 120 (Vigo). Pontevedra.-Feito denunciado: pescar sen licencia en vigor.-Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.1º da Lei de pesca fluvial.-Sanción: multa de entre 50.001 pesetas ata 500.000 pesetas, e inhabilitación para obte-la licencia de pesca durante un ano.-Instructora: Miriam López Areal.