Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 25 de agosto de 1999 Páx. 10.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Aprobado polo órgano municipal competente o prego de cláusulas administrativas que rexerán no concurso, con procedemento aberto, para a adquisición dun camión para o servicio de recollida de lixo, exponse ó público durante o prazo de catro días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, para que se poidan presentar alegacións.

Simultaneamente, anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se producen reclamacións ó prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Poio.

b) Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: subministración de camión servicio residuos sólidos urbanos.

b) Lugar de entrega: casa do concello.

c) Prazo de entrega: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 6.000.000 de ptas., incluído todo xénero de gastos, IVE e gastos de matriculación.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento.

Definitiva: 4% do contrato.

6. Información para a obtención de documentación.

a) Entidade: Concello de Poio. Servicio de Contratación. Domicilio: praza do Mosteiro, 1, Poio 36995. Teléfono: 986 77 00 38, fax: 986 77 12 77.

b) Data límite de obtención de documentos e información: día anterior ó do remate de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Poio, das 9 ás 14 horas.

8. Apertura de ofertas: pola mesa de contratación, ás 13.30 horas do día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas, que non cadre en sábado.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario, segundo se indica no prego.

Poio, 5 de xullo de 1999.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde