Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 25 de agosto de 1999 Páx. 10.630

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OUTES

EDICTO.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Outes.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 33/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: saneamento en Boel.

b) Prazo de execución (meses): seis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación: 6.000.000 de ptas., IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do prezo da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Outes. Teléfono: 981 85 00 03. Fax: 981 85 03 87.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 26 días naturais contados desde o día seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: tres sobres pechados coa documentación e requisitos da cláusula 12 dos pregos.

c) Lugar de presentación: Rexistro do Concello, en horario das 9 ás 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas.

Na casa do concello, ás 10 horas do primeiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de coincidir en sábado, trasladarase ó luns.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario.

Outes, 16 de xullo de 1999.

O alcalde

Rubricado