Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 25 de agosto de 1999 Páx. 10.631

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisió de Goberno deste concello o prego de cláusulas administrativas que rexerán no concurso, con procedemento aberto, trámite ordinario, para a contratación das obras comprendidas no proxecto de saneamento e pavimentación Combarro-Arén-Casalvito, PPC/99; exponse ó público durante o prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, para que se poidan presentar alegacións.

Simultaneamente, anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se se producen reclamacións ó prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Poio.

b) Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: a contratación da execución das obras incluídas no proxecto de saneamento e pavimentación Combarro-Arén-Casalvito.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 12.182.960 ptas.(IVE incluído).

5. Duración do contrato: tres meses.

6. Garantías: provisional polo importe do 2% do importe do tipo e definitiva do 4%.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Poio. Servicio de Contratación. Domicilio: praza do Mosteiro, 1, Poio 36995. Teléfono: 986 77 00 38, fax: 986 77 12 77.

b) Data límite para a obtención de documentos e información: día anterior ó do remate de presentación de ofertas.

8. Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, das 9 ás 13.30 horas, durante o prazo de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

9. Apertura de proposicións: pola mesa de contratación, no salón de sesións da casa do concello, ás 13.30 horas do día seguinte hábil que non cadre en sábado, ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula 9ª do prego.

Poio, 13 de xullo de 1999.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde