Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 25 de agosto de 1999 Páx. 10.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 29 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador OU 195/98C (caza-Ourense).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que nos anexos se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 33, do 11-7-1997).

Noméase instructora dos expedientes a Miriam López Areal, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, formular alegacións, achega-los documentos que consideren convenientes na súa defensa e propoñer probas concretando os medios de que pretendan valerse.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 29 de xuño de 1999.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU 195/98C.

Denunciado: José Rodíguez Gómez.

DNI: 34.607.078.

Derradeiro enderezo coñecido: Paseo Marítimo, 6-5º D (A Coruña).

Feito denunciado: cazar non sendo titular de licencia e sen ter contratado o seguro obrigatorio. Estar en posesión de munición non permitida para a modalidade de caza.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 58.2º e 58.31º, e artigo 57.23º da Lei de caza de Galicia.

Sanción: 175.000 pesetas e inhabilitación durante un ano e un día para obte-la licencia.