Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Mércores, 25 de agosto de 1999 Páx. 10.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se fai pública a convocatoria de poxa para o alleamento das madeiras que se citan.

Por esta resolución, convócase a poxa para o alleamento de madeiras dos lotes que se citan no anexo, e de acordo co disposto no Decreto 244/1998, do 24 de xullo, da Consellería de Medio Ambiente e na orde da Consellería de Medio Ambiente do 8 de setembro de 1998 (DOG do 16 de setembro).

Terá lugar no edificio administrativo da Xunta de Galicia, sito na Ronda da Muralla, 70 de Lugo.

Para esta poxa rexerán as ordes antes citadas e mailos pregos de condicións técnico-administrativas xerais e particulares destas que figuran no expediente correspondente, no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Lugo, sito na rúa Ronda da Muralla, 70 desa cidade, onde poderán ser examinados polos interesados a partir do día da publicación no DOG desta resolución.

As ofertas poderanse presentar -durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación no DOG desta resolución- no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Lugo ou en calquera das formas legalmente establecidas.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás once horas do noveno día hábil, que non cadre en sábado, contados a partir do termo do prazo de presentación das ofertas.

Cada licitador presentará dous sobres pechados para cada oferta. O sobre A coa documentación administrativa e o sobre B coa oferta económica.

O sobre A, que conten a documentación administrativa, poderá ser único para tódalas poxas que teñen lugar ante a mesa e na mesma sesión.

Deberá conte-la seguinte documentación:

1. Acreditación da personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación.

2. Os xustificantes acreditativos de que están constituídas as fianzas provisionais, 2% do prezo de taxación, de acordo co disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

3. Declaración responsable de non estar incursa en prohibición de contratar, consonte os artigos 15 a 20 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

4. os que acrediten a cualificación empresarial do licitador.

5. Os que acrediten encontrarse ó día do cumprimento das obrigacións tributarias e da Seguridade Social impostas nas disposicións vixentes.

No caso de que o licitador estea dado de alta no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma, deberá indicar na parte exterior do sobre o seu número e incluír copia da inscrición da empresa no dito rexistro e os xustificantes acreditativos das fianzas provisionais.

O sobre B recollerá a proposición económica e presentarase no modelo normalizado que se encontra á disposición dos interesados no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Lugo. Cada un dos lotes deberá figurar nun sobre B individual.

O adxudicatario constituirá a fianza definitiva do 4% do prezo de adxudicación dentro dos vinte días seguintes ó da data na que regulamentariamente se lle comunique que a adxudicación é definitiva.

Dentro dese mesmo prazo deberá aboar:

1. O importe total do remate, ou o importe do primeiro prazo, segundo se indique no prego de condicións particulares de cada poxa.

2. O importe das taxas.

3. Os gastos proporcionais deste anuncio.

4. Os demais que se establezan nos pregos particulares de aproveitamento.

O adxudicatario deberá aboar, ademais das cantidades expresadas no anuncio, un 4,5% sobre o importe da adxudicación en concepto de IVE.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 1999.

P.D. (12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente

Relación de aproveitamentos forestais

Provincia de Lugo

Nº de

Expte.

Datos do monteDatos do aproveitamentoTaxas ptas.Fianza

provisional

MontePertenzaConcelloNº ElencoMotivoSituaciónEspecieNº pésmcPtas./mcTaxaciónptas.

61/99Argán de MoncelosComunidade de MoncelosAbadín2715527RareoEn péP. Pr.4.8492571.300334.10015.2436.682

62/99ToxosoCom. de CastromaiorAbadín2715681Fin quendaEn péP. Pr.3.7361.5534.0006.212.00085.747124.240

63/99Coto da CalC. RomarizAbadín2715821Fin quendaP. Pr.4.1007253.7502.718.75042.67154.375

64/99Toxoso I y IIC. LabradaAbadín2715876RareoEn péP. R.2.8372001.400280.00013.6765.600

65/99AbeleiraParticularAbadín2717502Fin quendaEn péP. Pr.

P. R.

492

1.568

83

570

3.9002.546.70039.91150.934

66/99A Mocha e Out.C. Airexe e outra.Baralla2715520Fin quendaEn péP. Pr.6816245.5003.432.00045.95968.640

67/99Pena GrandeV. CereixalBecerreá2717528RareoEn péP. S.7.8034601.475678.50021.96613.570

68/99De SantallaC. Sta. EulaliaBegonte2715660Fin quendaEn péP. R.1.0335324.9502.633.40038.16952.668

70/99Rodela e TouzónCom. de ViladongaC. de Rei2715588Fin quendaEn péP. Pr.

P. R.

1.423

55

500

33

4.3002.291.90035.55545.838

71/99Rodela e Touzón-Gª CastroComunidade de AnsemarCastro de Rei2715605Fin quendaEn péP. Pr.

P. R.

1.848

166

311

44

3.3001.171.50023.52223.430

72/99Rodela e Gandaras de CastroComunidade de LoentiaCastro de Rei2715643Fin quendaEn péP. Pr.

P. R.

2.137

140

347

33

4.7001.786.00028.64135.720

73/99Rodela e LudrioComunidade de LudrioCastro de Rei2715749Fin quendaEn péP. Pr.

P. R.

3.931

273

769

97

4.6003.983.60055.03079.672

74/99Coutado e Out.C.S. AndrésCastroverde2715543RareoEn péP. R.5.2354481.600716.80022.00814.336

75/99Teso do FaroPª VillamorO CourelLU-3159RareoEn péP. S.1.05513860032.800656

76/99De Mazo de SantigosoC. de Mazo de SantigosoO Courel2715006Fin quendaEn péP. Pr.2.3757273.6002.617.20041.94952.344

77/99De CastañeiraV. CastañeiraFonsagrada, A2716549Fin quendaEn péP. Pr. e P. R.2.0991.0264.2004.309.20060.73486.184

78/99San Martín de SuarnaVec. de San Martín de S.Fonsagrada, A2716550Fin quendaEn péP. Pr.2.7119724.2004.082.40057.93181.648

79/99LlanVec. de LlanFonsagrada, A2717547Fin quendaEn péP. R.3.7501.9114.6008.790.600112.386175.812

80/99TorvisoParticularFonsagrada, A2717549Fin quendaEn péP. Pr.6.7291.9742.6005.132.40086.231102.648

81/99Francos e Carballal de V.ParticularFonsagrada, A2717562Fin quendaEn péP. R.2.9711.3404.3005.762.00078.029115.240

82/99De RamelleC. RamelleFriol2715609Fin quendaEn péP. Pr.1.6408604.7004.042.00055.34680.840

83/99De NarlaC. de NarlaFriol2715655Fin quendaEn péP. R.1.0264524.5752.067.90032.22341.358

84/99De CarlínC. de CarlínFriol2715658Fin quendaEn péP. Pr.1.5349795.2005.090.80065.638101.816

85/99De XiáCom. de XiáFriol2715717Fin quendaEn péP. Pr.2.4899284.5004.176.00057.73783.520

86/99De AnxerizCom. AnxerizFriol2715854Fin quendaEn péP. Pr.1.6298024.7003.769.40052.11975.388

87/99De San BreixoC. San BreixoGuitiriz2715702Fin quendaEn péP. R.9079705.6005.432.00068.012108.640

88/99De EntrambasaguasCom. EntrambasaguasGuntín2715581RareoEn péP. Pr. e P. R.2.637174850147.90011.6242.958

89/99Illoa e A CháV. TouvilleLáncara2715519Fin quendaEn péP. Pr.3593644.8001.747.20028.02434.944

90/99IlloaV. de LamaLáncara2715531Fin quendaEn péP. Pr.2.0041.4894.4006.551.60086.989131.032

91/99Illoa e A CháV. de SoutoLáncara2715534Fin quendaEn péP. Pr.5344654.5002.092.50032.67241.850

92/99LamagrandeC. TraslisteLáncara2715848Fin quendaEn péP. R.6567485.1003.814.80051.35976.296

93/99LamagrandeC. VilaleoLáncara2715857Fin quendaEn péP. R.6077275.2003.780.40050.67375.608

94/99De MazoiComunidade de MazoiLugo2175859RareoEn péP. Pr.

P. R.

2.238

3.219

136

190

1.500489.00017.8149.780

95/99Candedo e Out.ParticularMeira2717552Fin quendaEn péP. R.1.0955943.6002.138.40035.64742.768

Nº de

Expte.

Datos do monteDatos do aproveitamentoTaxas ptas.Fianza

provisional

MontePertenzaConcelloNº ElencoMotivoSituaciónEspecieNº pésmcPtas./mcTaxaciónptas.

96/99Braña e ToxizaC. FigueirasMondoñedo2715756Fin quendaEn péP. Pr.5.1379772.7502.686.75047.56753.735

97/99Braña e ToxizaC. FigueirasMondoñedo2715756RareoEn péP. S.3.157145900130.50010.3102.610

98/99Bosque e Serra LagüelaC. Andreade

Barán e Out.

Paradela2715635RareoEn péP. R.4.5146582.5251.661.45033.37333.229

99/99Montareda e C.C. SaldanxePastoriza, A2715567Fin quendaEn péP. Pr.1.5337024.0002.808.00042.86956.160

100/99Montareda e C.C. SaldanxePastoriza, A2715567RareoEn péP. R.5.9943631.100399.30017.8957.986

101/99De VeneiraV. de VeneiraP. Brollón, A2715561Fin quendaEn péP. Pr.2.0373013.200963.20020.85919.264

102/99De SaáVec. de SaáP. Brollón, A2715571Fin quendaEn péP. Pr.2.4216413.6002.307.60037.87246.152

103/99De LiñaresVec. LiñaresP. Brollón, A2715574Fin quendaEn péP. Pr.6435114.5002.299.50035.16445.990

104/99FerreirosV. FerreirosP. Brollón, A2715582Fin quendaEn péP. Pr.2.5185673.6002.041.20034.36740.824

105/99De NocedoCom. NocedoQuiroga2715743Fin quendaEn péP. Pr.2.5101.2244.0004.896.00068.76297.920

106/99OuviañaParticularR. de Piquín2717548Fin quendaEn péP. Pr.3.1694042.9001.171.60024.52123.432

107/99Licencias e T.C. LicenciasVilalba2715598RareoEn péP. S.3.0862661.300345.80015.5166.916

108/99ToxosoC. SamarugoVilalba2715599RareoEn péP.S.7.7447211.300937.30029.22618.746

109/99BuioC. BoimenteViveiro2715580Fin quendaEn péP. Pr.1.7239623.5503.415.10052.72468.302