Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 24 de agosto de 1999 Páx. 10.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIRA

ANUNCIO de adxudicación do concurso convocado para a adquisición dun terreo para destinalo a parque infantil.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Meira.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: adquisición dun terreo.

b) Descrición do obxecto: adquisición dun terreo para destinalo a parque infantil na vila de Meira.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: BOP de Lugo, número 77, con data do 7 de abril de 1999, e Diario Oficial de Galicia, número 66, con data do 8 de abril de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 3.000.000 de pesetas.

5. Adxudicación.

a) Data: 18 de xuño de 1999.

b) Adxudicatarios: irmáns Ramón e Generoso López Grandela.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 2.650.000 ptas.

Meira, 30 de xuño de 1999.

Rosendo Folgueira Valle

Alcalde