Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 24 de agosto de 1999 Páx. 10.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PARADELA

ANUNCIO.

Convocatoria de concurso, con procedemento aberto de tramitación urxente, para a execución da obra pavimentación dos accesos ós núcleos rurais de Andrade, Vilaragunte, Suar, Barán, S. Pedro, Outeiro e Pacios, incluída no Fondo de Cooperación Local-PIEL 1999.

Aprobado polo Concello Pleno en sesión do 17 de agosto de 1999 o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá a contratación da obra pavimentación dos accesos ós núcleos rurais de Andreade, Vilaragunte, Suar, Barán, S. Pedro, Outeiro e Pacios, polo procedemento aberto, forma de adxudicación concurso e de tramitación urxente, exponse ó público polo prazo de oito días hábiles para os efectos previstos no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

De conformidade co establecido polo artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente o concurso de referencia, se ben a licitación se aprazará no suposto de

producirse reclamacións contra o prego anteriormente sinalado, ata a súa resolución pola corporación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Paradela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

Execución da obra incluída no proxecto pavimentación dos accesos ós núcleos rurais de Andreade, Vilaragunte, Suar, Barán, S. Pedro, Outeiro e Pacios.

3. Prazo de execución: cinco (5) meses.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Orzamento base de licitación: 18.790.848 ptas, IVE incluído.

6. Garantías:

Provisional: 2% do orzamento de licitación, (375.817 ptas.).

Definitiva: 4% do orzamento de licitación, (751.634 ptas.).

7. Obtención de documentación e información:

Concello de Paradela, Avda. do Xeneralísimo, s/n, Paradela (Lugo), teléfono: 982 54 11 01.

8. Lugar e prazo de presentación de proposicións:

As ofertas presentaranse no rexistro xeral do Concello de Paradela, de 9 a 14 horas, durante o prazo de trece días naturais, contados desde a última publicación do presente anuncio de licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia.

9. Documentación que hai que presentar:

As proposicións presentaranse en tres sobres pechados.

Sobre A, subtitulado oferta económica, que deberá formularse conforme o modelo que figura no anexo I do prego.

Sobre B, subtitulado personalidade xurídica, que conterá a documentación a que se refire a cláusula 9.2 do prego.

Sobre C, subtitulado referencias técnicas-cláusula 9.3.

10. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 9 do prego.

11. Apertura de ofertas:

No salón de sesións da Casa do Concello de Paradela ás doce horas do día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; no caso de ser sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

12. Gastos de anuncios:

Serán por conta do adxudicatario.

Paradela, 17 de agosto de 1999.

Eliseo López Rodríguez

Alcalde en funcións