Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 24 de agosto de 1999 Páx. 10.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria que tivo lugar o día 7-6-1999, acordou aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana na zona comprendida entre a ponte Romai e a ponte da Estación.

Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 14 de xuño de 1999.

Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 88/1808)

Ramón Jaime Arias Roca

Tenente-alcalde delegado de Área