Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. BEGASA.
Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: reelectrificación da Pobra de Burón (A Fonsagrada).
Situación: A Fonsagrada.
Descricións técnicas: L.M.T. ó C.T. Entrambasaugas de 624 metros a 20 kV sobre apoios de formigón e metálicos en conductor LA-56. C.T. de caseta da Pobra de Burón de 10 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. C.T. I. de Entrambasaugas de 50 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. R.B.T. da Pobra de Burón de 1.975 metros a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z. R.B.T. de Entrambasaugas de 1.075 metros a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.
Lugo, 2 de xullo de 1999.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo