Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 24 de agosto de 1999 Páx. 10.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/36-2, 5104 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. BEGASA.

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. e enlace R.B.T. en Vilaxe (A Pontenova).

Situación: A Pontenova.

Descricións técnicas: L.M.T. ó C.T. de Vilaxe de 35 metros a 20 kV sobre apoios metálicos en conductor LA-56. C.T.I. de Vilaxe de 50 kVA de potencia e relación 20.000/380-220 V. Enlace da R.B.T.

de Vilaxe de 130 metros e 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Lugo, 2 de xullo de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo