Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 24 de agosto de 1999 Páx. 10.573

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1999, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se rectifican erros na Resolución do 25 de xuño de 1999 pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes de forensías e agrupacións de forensías para o corpo de médicos forenses.

Advertido erro na publicación da Resolución do 25 de xuño de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 130, do 8-7) pola que se convocan a concurso de traslado prazas vacantes de forensías e agrupacións de forensías para o corpo de médicos forenses, rectifícase o erro mecanográfico seguinte:

Na base primeira.-Postos que se poden solicitar e prazos de presentación de solicitudes -punto 2-, onde di: «... presentarán solicitude no prazo de dez días naturais seguintes ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado...», debe dicir: «... presentarán solicitude no prazo de dez días naturais a partir do 1 de setembro de 1999, ou sexa, do 1 ó 10 de setembro...».

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 1999.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local