Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 23 de agosto de 1999 Páx. 10.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1999 pola que se anuncia a poxa que se cita.

Obxecto do contrato: é a execución da obra de reforzo do firme da rúa da Rubiada e estrada de Pardiñas (parcial).

Tipo de licitación: 6.000.000 de ptas., IVE incluído.

Financiamento: será financiada con cargo á subvención derivada do Plan Aforro licitacións anualidade 1999 da deputación provincial.

Prazo de execución: o prazo de execución das obras será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Forma de adxudicación: poxa por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados a partir do día seguinte ó de publicación deste anuncio no BOP.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova. C/ Rúa Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 23 93.

Garantías: provisional: 2% do tipo de licitación. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (secretaría) ás 12 horas, o quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D. ..... con domicilio en ..... rúa ..... nº ..... teléfono ..... con DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº..... actuando en nome propio (ou en representación de ..... DNI ou CIF nº ..... e domicilio en .....nº ..... teléfono ..... toma parte na poxa con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de ....., e para os efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de ..... ptas., que supón unha baixa de ..... ptas. con respecto ó tipo de licitación.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións deste contrato.

3) Que achega a documentación esixida no prego de condicións.

En ....., ..... de ..... de 1999.

O licitador (asinado e rubricado).

Modelo de sobre

Proposición para tomar parte na contratación do poxa ..... presentada por .....

En ....., ..... de ..... de 1999.

O licitador (asinado e rubricado).

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1999.

O alcalde

Rubricado