Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 23 de agosto de 1999 Páx. 10.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: o presente contrato ten por obxecto a subministración e instalación dun extractor de gases de camións destinado ó parque de bombeiros do concello coas características que figuran no prego de condicións.

Tipo de licitación: ascende a 2.990.000 ptas., IVE incluído.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, dentro do prazo de trece días naturais, que comezará a contarse e se entenderá aberto desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Garantía provisional: non se esixe.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os enumerados no punto criterios de adxudicación do prego de condicións.

Garantías: definitiva: 4% do tipo de licitación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o seguinte día hábil á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

D/Dª ..... con domicilio en ..... rúa ..... nº ..... teléfono ..... con DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº ..... actuando en nome propio (ou en representación de ..... DNI ou CIF nº ..... e domicilio en ..... participa no concurso por procedemento aberto para a subministración dun extractor de gases de camións destinado ó parque de bombeiros do Concello de Santiago de Compostela, e para os efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de ..... (en letras e números) ptas., que supón unha baixa de ..... (en letras e números) ptas. con respecto ó tipo de licitación.

2) Que coñece e acepta tódalas cláusulas do prego de condicións que rexe a licitación.

3) Que se compromete a cumprir tódalas disposicións legais en materia de contratación laboral, seguridade social e protección á industria nacional.

En ..... o ..... de ..... de 1999.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación do concurso ..... presentada por ......

En ..... o ..... de ..... de 1999.

O licitador (asinado e rubricado)

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 1999.

O alcalde

Rubricado