Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 23 de agosto de 1999 Páx. 10.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTA COMBA

EDICTO.

Resolución da Comisión de Goberno pola que se fai público que, ó abeiro do disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, que aprobado na sesión plenaria do día 5 de xuño de 1999, con carácter inicial, o Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Santa Comba, co obxecto de dar unha maior participación a tódolos veciños do municipio, se poidan estudiar máis detidamente e con detalle os traballos presentados, prorrógase o período de información pública por prazo de 10 días contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de que se poidan efectua-las alegacións que se consideren convenientes.

Simultaneamente, e ó abeiro do artigo 34.2º do citado texto legal, comunícase que tódalas áreas do territorio municipal, ó se teren modificado as determinacións do réxime urbanístico, quedan afectadas pola suspensión de licencias a que se refire o artigo 34.1º da citada lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O expediente poderá examinarse no Centro Municipal de Cultura, en horario de 10 a 13.30 horas, de luns a venres. Os servicios técnicos municipais de urbanismo atenderán o público:

Días: luns/xoves.

Lugar: Centro Municipal de Cultura.

Horario: 10 a 13.30 horas.

Santa Comba, 13 de agosto de 1999.

Francisco Basilio Quintás Fernández

Alcalde accidental